Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero valora a decisión do TSXG sobre o certificado covid: “Os xuíces din que Galicia ten un goberno chapuza que se salta os dereitos fundamentais da cidadanía sen pedir autorización xudicial”

O líder do PSdeG sinala que o conselleiro de Sanidade “só acerta cando rectifica” sobre a distribución de vacinas e pídelle “que rectifique tamén a debilitación da Atención Primaria”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valorou hoxe a suspensión por parte do TSXG do certificado covid para acceder á hostalería e ao ocio nocturno ao sinalar que “os xuíces din que Galicia ten un goberno de chapuz, que se salta os dereitos fundamentais da cidadanía sen pedir autorización xudicial”.

Ao fío disto, o máximo dirixente socialista incidiu en que “necesitamos un goberno que non cre problemas, senón que os solucione”, xa que “Feijóo non pode xogar cun sector da hostalería que o está pasando tan mal”.

“É necesario que Feijóo deixe as vacacións e se poña a dar solucións aos problemas da cidadanía galega”, sentenciou o líder das e dos socialistas galegos, despois de que o TSXG fixese público que a Xunta non pedira autorización xudicial para esixir o certificado covid como requisito para acceder á hostalería.

A DISTRIBUCIÓN DE VACINAS

Noutro orde de cousas, o máximo dirixente socialista censurou a “política de confrontación desleal, estéril e mesquiña” da Xunta con respecto ao sistema de vacinación cando “Galicia foi a terceira comunidade do estado que máis vacinas recibiu en función da poboación”.

Así, destacou que o conselleiro de Sanidade “só acerta cando rectifica” sobre a distribución de vacinas, xa que “os galegos e galegas non queremos un conselleiro de Sanidade que se dedique á confrontación estéril e desleal”, e pídelle “que rectifique tamén a debilitación da Atención Primaria”.

“O PP debilitou a sanidade publica galega, esqueceuse da Atención Primaria e, despois de ter rectificado sobre a distribución de vacinas, agora, a Consellaría de Sanidade ten que facer unha emenda a totalidade as políticas sanitarias da Xunta para empezar a apostar por unha sanidade pública de calidade”, sentenciou.

Por último, o dirixente socialista destacou que “Galicia non pode seguir coa mesma política sanitaria”, xa que “non é de recibo que haxa bisbarras nas que conseguir unha cita en Atención Primaria haxa que esperar 26 días como en Carballo”. Así, insistiu, “non pode ser que as listas de espera se estean convertendo nunha cuestión estrutural en Primaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38