Categorías: ActualidadeAxenda 2020

Gonzalo Caballero comprométese cos alcaldes socialistas da Costa da Morte a “cumprir cunha comarca de referencia esquecida durante 11 anos de goberno de Feijóo”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse hoxe cos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte a “cumprir cunha comarca de referencia que foi esquecida durante 11 anos de goberno de Feijóo”. Así o dixo nun encontro con estes alcaldes e alcaldesas no Parador de Muxía, no que exerceu de anfitrión o rexedor daquela localidade, Iago Toba.

Caballero presentou a chegada hai un ano dos socialistas a 8 das 9 alcaldías da Costa da Morte como “a antesala do poder socialista en Galicia, que quere marcar unha nova etapa de progreso á fronte da Xunta” nas eleccións autonómicas do próximo 12X.

O líder dos socialistas galegos defendeu a xestión dos socialistas galegos á fronte dos concellos sinalando que “o poder municipal de Galicia ten cor vermella, e os mellores alcaldes e alcaldesas de Galicia son socialistas”. A 4 semanas das próximas eleccións autonómicas emprazou a tódolos galegos e galegas “que votaron socialista para facer a Pedro Sánchez presidente do goberno” que “de novo acudan a exercer libremente o seu dereito ao voto”.

O tamén secretario xeral do PSdeG sinalou, cando fai un ano da toma de posesión nos gobernos municipais, que hoxe están encabezadas por homes e mulleres socialistas 3 das 4 deputacións, 5 dsa 7 grandes cidades e máis de 100 concellos, entre os que se atopan 8 dos 9 da Costa da Morte, hoxe representados xunto a Caballero polos seus alcaldes e alcaldesas.

Saudou así aos rexedores de Corcubión, Vimianzo, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Carnota e Fisterra, sinalando a súa “magnífica tarefa de defender os intereses dos veciños nun momento tan complicado” como o confinamento, facendo “políticas sociais a pé de rúa e respondendo ás necesidades dos veciños”. Comprometeuse a “cumprir cunha comarca de referencia para toda Galicia pero que foi esquecida por 11 anos de goberno de Feijóo”.

Denunciou o desleixo do goberno galego cunha comarca que padece dos déficits sanitarios e educativos impostos polos recortes do goberno do PP, así como graves déficits de infraestruturas, incluíndo “a autovía a medio facer”.

Alcalde de Muxía

O alcalde de Muxía, Iago Toba, sinalou que os alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte “teñen demostrado que traballamos unidos pola comarca” e sinalou que “seguiremos loitando pola veciñanza e por un presidente socialista que apoie as nosas demandas e os intereses” deste territorio. Salientou que durante a crise da covid “tivemos que demostrar que somos capaces de xestionar os problemas dos veciños e sacar adiante o día a día sen axuda” do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13