Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero comprométese a crear 2.000 prazas en residencias públicas de maiores na Lexislatura 2020-2024 como presidente da Xunta

O candidato socialista sinala o fracaso de Feijóo, que optou por un modelo “privatizador” das residencias e fixo “cero” prazas públicas en 11 anos

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse hoxe a que un goberno liderado polo PSdeG garantirá residencias de maiores de carácter público nas cidades galegas dentro dun plan de novas políticas sociais que priorice a atención aos maiores. Así o dixo logo de manter un encontro coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a quen felicitou polo seu primeiro ano de mandato e a quen lle agradeceu o seu compromiso coas políticas sociais ao longo desta crise.

O líder dos socialistas galegos explicou que a partir do 12X “faremos un escudo protector para a cidadanía e para os nosos maiores” con 2.000 prazas públicas en residencias para maiores na próxima lexislatura. Este compromiso estenderase ata 10.000 prazas en residencias públicas para maiores nun prazo de dez anos, situando a Galicia na senda de “recortar o déficit de residencias públicas que sinala a OMS”.

Os indicadores da Organización Mundial da Saúde apuntan a un importante déficit neste servizo, agravado nos últimos 11 anos de goberno de Feijóo, que impuxo unha perigosa “falla de control e incumprimento de protocolos” e de garantías que o propio Consello de Contas detectou hai dous anos nun informe específico.

Gonzalo Caballero sinalou que é necesario cumprir todas as normas que garantan a saúde dos maiores nas residencias e para iso o modelo público é a mellor resposta, e tamén comprometeuse a apostar por un modelo de atención aos maiores que contemple as dimensións sanitaria e social para mellorar a súa vida.

Gonzalo Caballero subliñou o “compromiso coa dignidade dos nosos maiores e coas políticas sociais” que permita “corrixir os erros do modelo privatizador das residencias por parte do PP ao longo de 11 anos”. Un modelo que levou a Feijóo a incumprir o seu compromiso de facer residencias públicas nas principais cidades durante 11 anos nos que en realidade “non fixo unha soa residencia pública para maiores”.

O secretario xeral do PSdeG anunciou que “queremos gobernar Galicia para construír un escudo protector para a cidadanía ante unha crise económica de enorme calado que necesita protexer á cidadanía máis vulnerable”. Explicou que nas próximas eleccións “Galicia xógase o futuro, xogamos se mantemos as políticas de recortes e retrocesos da man do PP ou abrimos unha etapa de progreso liderada polo PSdeG”.

Así as cousas, Gonzalo Caballero chamou á participación masiva dos progresistas nas próximas eleccións para consolidar a “maioría social de progreso” que se amosou en Galicia en tódalas convocatorias electorais de 2019. Unha maioría que levou aos alcaldes socialistas á maioría das alcaldías nas grandes cidades e a Sánchez ao goberno de España.

Puxo como exemplo tanto a xestión de Inés Rey á fronte do Concello da Coruña, poñendo a súa xestión “ao servizo dos coruñeses e das coruñesas por riba de calquera clave”, e demostrando que os socialistas “sabemos gobernar para a cidadanía, para a maioría, pensando na xente e nas persoas”.

Un goberno local que dende o primeiro momento organizou un albergue nun pavillón municipal para atender á cidadanía en situación máis desfavorecida e que tamén deu resposta a 17.000 coruñeses nos servizos sociais municipais mentres Feijóo se preocupaba de “saír na TVG”. De feito, comparou o anuncio de Feijóo de poñer 6.000 prazas de campamentos infantís no verán, cando só no Concello da Coruña hai en marcha máis de 7.000 prazas.

Os gobernos socialistas tanto nos concellos como nas deputacións e no goberno central, dixo, “demostraron que os gobernos de progreso protexen á cidadanía, mentres a dereita salvaba aos bancos e non tomaba medidas de protección para os máis desfavorecidos”, apostilou Gonzalo Caballero.

“FEIJÓO NUNCA PENSOU NAS POLÍTICAS DE BENESTAR”

A alcaldesa de A Coruña chamou a apoiar ao PSdeG no camiño cara a Xunta, “a única pata que nos queda” nos catro escalóns administrativos -local, provincial autonómico e estatal- para relevar a un Feijóo que “nunca pensou nas políticas de benestar”. Nos anos de goberno do PP, dixo, “sufrimos recortes, retrocesos e desleixo de funcións tamén en política industrial, como vemos cando Feijóo se inhibe das súas competencias no casos de conflito”.

Mentres o goberno local que encabeza aprobaba 13 millóns de axudas directas para relanzar economicamente á cidade, dixo, “ó único que lle interesa ao PP de Feijóo son as eleccións”, como demostra que “todas as decisións tomadas e as súas intervencións van dirixidas a sacar réditos electorais deixando de lado as necesidades dos galegos e das galegas”.

A alcaldesa subliñou que “da man dos socialistas sempre ven o progreso e os avances sociais”, dixo, lembrando a recente posta en marcha do ingreso mínimo vital, e comprometeu o respaldo ao proxecto encabezado por Gonzalo Caballero “nesta campaña diferente, convocada nun contexto moi complicado, e onde se primaron os intereses electorais e partidistas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13