Categorías: IdeaGalicia Lab

Gonzalo Caballero compromete unha axencia galega de desenvolvemento rural impulsada dende a Presidencia da Xunta para “garantir os dereitos do rural”

“É tempo de pasar do compromiso á acción no rural, é fundamental traballar de xeito transversal desde a Xunta e imos cumprir”, asegura o secretario xeral na xornada de IdeaGaliciaLab

Ourense, 18 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que o vindeiro goberno progresista en Galicia poñerá en marcha unha Axencia de Desenvolvemento Rural e o Reto Demográfico que, baseada na experiencia do modelo escocés, incorporará unha fórmula de gobernanza coparticipada por institucións e axentes, pero que será impulsada activamente dende a Presidencia da Xunta como “garantía da defensa dos dereitos do rural”.

Como explicou Gonzalo Caballero na apertura dunha nova xornada de IdeaGaliciaLab que, en Ourense, afonda nos retos da Galicia rural, trátase de “coller o mellor do modelo escocés”, que se desenvolve con éxito,  e “aplicalo á realidade galega”. Para poñer en funcionamento a Axencia de forma áxil, corresponderá á iniciativa pública da Xunta poñer en marcha a mesma, e farase dende o ámbito da Presidencia da Xunta como garantía da transversalidade da súa acción sobre toda a administración autonómica.

“Queremos que sexa a garantía da defensa do rural e de que non poida haber ningún retroceso ou recorte de dereitos no rural”, remarcou o candidato socialista á Presidencia da Xunta, partidario de poñer en marcha unha estratexia “ancorada no territorio” cun compoñente “transversal” nas políticas da Xunta.

Así mesmo, con esa óptica de “primar o desenvolvemento do territorio”, Gonzalo Caballero explicou que a axencia combinará a acción estratéxica con mecanismos “de abaixo arriba”, para “planificar o futuro dando voz” aos axentes económicos e sociais e aos representantes públicos de cada vila ou bisbarra, por son quen mellor coñecen “as prioridades” de cada zona.

Ademais, tal e como detallou o líder dos socialistas galegos, este órgano conformarase “cun claro compoñente profesional” e co horizonte claro “da defensa dos dereitos do rural”. A maiores, o feito de depender organicamente da Presidencia da Xunta supón que terá “máis peso” e carácter “transversal” para todas as políticas públicas.

“COMPROMISO CO RURAL”

“É tempo de pasar á acción”, incidiu Gonzalo Caballero, antes de asegurar: “Temos compromiso co rural, o amosamos e imos cumprir”. “O futuro de Galicia depende de que o rural teña condicións de vida dignas, con igualdade de dereitos e servizos e con xeración de riqueza”, engadiu.

De aí a necesidade, explicou o máximo dirixente do PSdeG, de formular “unha nova política territorial” con medidas de “discriminación positiva” para o rural. “O próximo goberno da Xunta presidido por un socialista terá a política de vertebración territorial na súa axenda de decisión máis inmediata”, comprometeu.

A maiores, Gonzalo Caballero avanzou que o vindeiro goberno progresista en Galicia reabrirá o paridoiro de Verín “con todos os medios” despois de pechalo no que foi unha decisión política tomada por Feijóo que “xera tensións, dificultades e problemas” en toda a bisbarra.

“CORRIXIR OS DESEQUILIBRIOS”

Pola súa banda, a coordinadora do IdeaGaliciaLab, Noelia Otero, sinalou a importancia de abordar a situación do rural galego, máxime ante os recortes nos servizos que está levando adiante a Xunta de Feijóo por criterios ideolóxicos e a caída da demografía que se está producindo na nosa comunidade.

Tamén tomou a palabra o senador socialista por Ourense, o verinense Juan Carlos Francisco Rivera, agradeceu que esta nova xuntanza de traballo do laboratorio de ideas teña lugar na súa provincia, que sofre “unha situación preocupante”.

“Necesitamos unha acción contundente para corrixir os desequilibrios dunha Galicia de dúas velocidades”, incidiu, consciente de que será necesario “un cambio na Xunta”, con Gonzalo Caballero á fronte, para iso.

Así mesmo, a carballiñesa Marina Ortega, deputada socialista no Congreso por Ourense, puxo o foco na importancia de atender ás persoas que viven no rural ante os problemas de soidade e de desatención que se están a rexistrar.

Finalmente, o xinecólogo en Verín Rogelio Viñán fixo fincapé na importancia de manter os servizos que permitan que a xente quede a vivir nos pequenos concellos; mentres Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, reivindicou o papel do sector primario e defendeu que “a inversión no rural é rendible”.

Na xornada tamén interviñeron Manuel Marey, catedrático da USC; María José Yravedra da Adega Ronsel do Sil; José Luis Vaz, presidente de Verín Biocoop; Rosa Arcos, presidenta de Fademur; Carmen Carballo, orientadora de Preescolar na Casa, e Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación da Natureza da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08