Categorías: Actualidade

A Xunta négase a dicir se poñerá en marcha dunha vez o ciclo de FP de Emerxencias e Protección Civil en A Estrada

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que poña en marcha o ciclo Formativo de grao medio Emerxencias e Protección Civil, habilitado no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez de A Estrada, o único de Galicia. Álvarez presentou unha pregunta oral en Comisión na que a Xunta eludiu confirmar se implantará o ciclo no próximo curso.

O responsable socialista criticou a “improvisación” demostrada polo goberno galego na xestión deste ciclo formativo, urxente dende a publicación, o 14 de decembro de 2018, do Real Decreto 1449/18 que establece o coeficiente redutor da idade de xubilación dos policías locais, cunha previsible falla de persoal en poucos anos. Advertiu que se trata dunha “realidade extraordinaria que debera dar lugar a unha previsión extraordinaria, ou cando menos cautelosa, seria e rigorosa”.

Álvarez lamentou que o goberno galego “non quere dar a coñecer a súa resposta” e obriga a agardar a xuño para “ver se o ciclo se pode implantar ou non”, xa que precisa dun “escenario concreto, particular, con instalacións específicas e profesorado especialista”. Por iso sinala a idoneidade da Estrada para albergar este ciclo, na mesma vila na que se atopa a sede da Axencia Galega de Emerxencias –Axega- e da Academia Galega de Seguridade Pública.

O mesmo escenario

Advertiu que o goberno galego repite o mesmo escenario do curso 19-20, cando a pesares de que o dito ciclo formativo se incluía na oferta do IES da Estrada, non había ningunha praza adxudicada na lista feita pública o 16 de xullo de 2019. Luis Álvarez alerta de que “nos atopamos exactamente na mesma realidade, pero co agravante de que contan coa experiencia de non poder poñer a funcionar un ciclo previsto na orde de oferta de ensinanzas de FP” no curso anterior.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13