Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero compromete “un mapa de servizos públicos básicos para toda a cidadanía, viva onde viva” se é presidente a partir do 5A

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe unha nova xornada do IdeaGaliciaLab que nesta ocasión levou a Lugo o reto demográfico e as políticas públicas que se deben poñer en marcha para paliar a situación, e formulou medidas concretas neste senso, como a creación dun mapa de servizos básicos para toda a poboación, “viva onde viva”.

Centrouse Gonzalo Caballero, en compañía do presidente de Asturias, Adrián Barbón, na importancia de ter “políticas activas” de emprego, de política social e de vertebración territorial nunha comunidade que presenta “os peores datos demográficos de España” -morren dúas persoas por cada unha que nace- e onde hai agora 70.000 ocupados menos que cando chegou Feijóo, mentres en España hai 650.000 máis.

“Por que en España se pode crear emprego e en Galicia non?”, inquiriu o candidato socialista, consciente de que eses 70.000 ocupados que se perderon serían unha importante contribución á revitalización demográfica. Ao tempo, apuntou que “hai máis paro de longa duración, máis fogares con todos os seus membros en paro e menos oportunidades para a xuventude”.

Por iso, Gonzalo Caballero propuxo “cambiar a política de Feijóo en materia de empleo, porque foi un desastre”, apostando polo rural e pola diversificación da actividade económica. Do mesmo xeito, chamou a poñer fin á política de recortes nos servizos públicos levada adiante polo PP dende a Xunta, toda vez que pechar escolas e centros sanitarios impide que a xente quede a vivir no rural e que decida ter descendencia.

“Pero Feijóo sempre tivo a bandeira dos recortes”, advertiu o líder do PSdeG, para quen “o extremismo é pechar paridoiros, é abandonar a 600.000 galegos que están baixo o limiar da pobreza, é desfacer a sanidade pública”. Replicou así as palabras de Rajoy, quen alertou contra os “extremismos” onte en Ourense en compañía de Feijóo, Casado e Baltar.

FRONTE Á CRISE DEMOGRÁFICA

Neste contexto, Gonzalo Caballero defendeu unha política “centrada nas persoas” para construír “a Galicia do futuro”, para o cal comprometeu que, se é presidente a partir do 5 de abril, deseñará “un mapa de servizos públicos básicos que garanta o acceso de toda a poboación galega a unha sanidade, unha educación e unha atención aos maiores que sexa de calidade”.

Do mesmo xeito, apostou por traballar a carón dos concellos para impulsar proxectos que permitan fixar poboación e por adaptar o sistema de transporte público para “conectar” as distintas vilas e pobos, toda vez que agora hai concellos illados entre si.

A maiores, o candidato socialista garantiu a creación dunha axencia de desenvolvemento rural e o reto demográfico que dependerá da Presidencia da Xunta e que servirá como “garantía da defensa dos dereitos do rural”, posto que avaliará o impacto neste eido das medidas do goberno. “Non podería haber unha decisión como a do peche do paridoiro de Verín”, exemplificou Gonzalo Caballero.

Debullado o programa, o dirixente do PSdeG destacou que “Galicia paga a pena”. De cara ao 5 de abril, engadiu, “temos que conseguir unha mobilización masiva para pasar páxina ao pasado e abrir unha nova páxina de futuro”.

“TRABAJAR DE LA MANO CON GALICIA”

Na apertura da xornada participou tamén o presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, quen destacou a boa relación que mantén co socialismo galego antes de sinalar “la necesidad imperiosa de que Galicia y Asturias trabajen de la mano” porque hai moitos “problemas comúns” nas dúas comunidades.

Un deles, como subliñou, é o reto demográfico, unha cuestión na que o goberno do PP en España “no actuó” e tivo que chegar Pedro Sánchez á Moncloa para deseñar “una estrategia nacional” centrada neste eido. E é que, agregou, “de nada sirve actuar” de xeito illado nalgunha comunidade se non hai medidas coordinadas no Estado.

Con todo, Adrián Barbón defendeu as medidas postas en marcha polo seu goberno de mantemento dos servizos no rural para contribuír ao asentamento da poboación. “Mantenemos escuelas rurales con cuatro alumnos”, exemplificou, ao tempo que puxo o foco na estratexia de emprego para evitar o despoboamento.

“FALLA DE VONTADE” DE FEIJÓO

Do mesmo xeito, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lamentou a “falla de vontade” de Feijóo no que atinxe á demografía e, consciente de que “non hai medidas máxicas” para corrixir a situación, si fixo fincapé en que “nós temos ideas e proxectos”.

Por iso, celebrou que o vindeiro presidente da Xunta vaia ser Gonzalo Caballero, unha persoa comprometida co “desenvolvemento do territorio”, fronte a un Feijóo que publicitou a lei de revitalización demográfica e o propio CES, “dirixido por un exconselleiro de Feijóo”, criticou que “non ten medidas concretas nin orzamento”.

En paralelo, a secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero, sinalou que a súa é “unha das provincias máis abandonadas por Feijóo”, quen “non fixo nada” a pesares dos seus “eslóganes publicitarios”.

E, ante o baleirado do medio rural, subliñou que cómpre tomar medidas que contribúan a estimular a creación de emprego, que supoñan poder contar con “servizos públicos de calidade” e coas infraestruturas axeitadas. “Pero o PP non aposta por isto”, lamentou, para recriminar a Feijóo a falla de prazas públicas para maiores e os recortes en escolas infantís e centros médicos.

Pola súa banda, a coordinadora de IdeaGaliciaLab, Noelia Otero, puxo o foco no “grande problema” que constitúe a caída da natalidade e lamentou “a desatención absoluta” do goberno do PP de Feijóo desta cuestión.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57