Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala os gobernos progresistas das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo como sinónimos de “estabilidade e progreso” fronte á “inacción e esgotamento” de Feijóo

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, criticou que Feijóo “se poña medallas falando de estabilidade cando é a estabilidade dos cemiterios, a dun proxecto esgotado no que nada se move e non hai avance para a cidadanía galega”. Fronte a isto, puxo como exemplo aos gobernos das deputacións socialistas que “suplen as deficiencias dunha Xunta que non chega ao territorio”.

Gonzalo Caballero rematou hoxe a súa rolda de visitas aos gobernos das grandes cidades e ao presidente da Fegamp cun encontro cos presidentes das tres deputacións gobernadas polo PSdeG, no que participaron Valentín González Formoso –A Coruña-, José Tomé –Lugo- e Pontevedra –Carmela Silva-. A continuación desprazarase a Arxentina, onde manterá un encontro co presidente do país o próximo xoves, ademais de verse coa colectividade galega no exterior.

O líder do PSdeG puxo en valor a xestión dos socialistas nas deputacións provinciais fronte a un goberno galego “esgotado, no que nada se move e que non deixa avances para a cidadanía galega”. “Cando os galegos queiran pensar no futuro, que miren para as deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, e non á de Ourense”, recalcou, consciente de que alí se amosa o que pode ocorrer en Galicia tralo 5A.

Ademais, Gonzalo Caballero destacou a xestión “con criterios obxectivos e unha xestión eficiente e limpa dos fondos públicos” nas institucións provinciais. Constrasta, dixo, co “reparto clientelar e a xeneralización do amiguismo” dende a Xunta ou co que ocorre en Ourense, onde “se mestura o caciquismo dos Baltar coa ineficiencia e o esperpento que conxuga o alcalde de Ourense” que puxo Feijóo.

“GALICIA QUERE CAMBIO”

Así as cousas, presentou as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra como “exemplos claros de como os socialistas somos capaces de conxugar a estabilidade, o progreso e o avance social, mentres Feijóo ten a estabilidade da agonía, da inacción e do fin de ciclo na Xunta de Galicia”. Fronte a esta Xunta ausente, dixo o candidato do PSdeG, son as deputacións provinciais as que “fan a política social e dan o respaldo á política educativa, de igualdade ou cultural coas que a Xunta non cumpre”.

Neste contexto, censurou “o relato falaz de que o PP é o único que pode dar boa xestión”, que se “vén abaixo” co exemplo do trato aos concellos e ás deputacións, e destacou que “Galicia quere cambio”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero anunciou unha “axenda de traballo dende a proximidade” para presentar “as diferenzas claras na forma de facer política” dun PSdeG que encabeza unha maioría progresista para “encauzar as desfeitas que deixa Feijóo logo de 11 anos de goberno”.

Desastre en materia de emprego

Así pois, presentou un “proxecto de país cun compoñente galego e galeguista ao servizo do país, coa prioridade nas persoas, nas políticas sociais, na sanidade, nunha verdadeira vertebración territorial e unha nova política económica que permita corrixir o desastre de Feijóo en materia de emprego”.

Advertiu que “Feijóo non quere falar da súa desfeita en materia laboral e de por que en Galicia hai 70.000 traballadores ocupados menos que hai 11 anos mentres en España hai 680.000 máis”. A ese respecto, advertiu de que “cando un país perde poboación, tamén ten que ver coa perda de emprego e cun emprego de peor calidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08