Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a secundar as mobilizacións do 8M para construír “unha sociedade máis xusta” e frear o “retroceso” que pretende a ultradereita

O secretario xeral do PSdeG ve a Feijóo “tentando maquillar a súa ausencia de compromiso” coa igualdade mentres “está disposto a abrazar a unha ultradereita perigosa para os dereitos das mulleres”

Santiago, 7 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou este xoves a secundar as distintas mobilizacións convocadas mañá, no Día Internacional da Muller, nos distintos concellos. O obxectivo, dixo, ten que ser “amosar que os galegos e as galegas queremos unha sociedade máis igualitaria” e frear o “retroceso” ao que nos quere levar a ultradereita.

Ademais, co horizonte dunha data que de seguro volverá ser “histórica”, o líder dos socialistas galegos reivindicou “o compromiso feminista” do Partido. “Un feminismo construtivo, positivo, reformista, que tenta avanzar cara unha sociedade máis xusta e corrixir as desigualdades históricas”, remarcou.

Esas desigualdades, como explicou Gonzalo Caballero, persisten en forma de fenda salarial, teitos de cristal ou violencia de xénero, entre outras cuestións. E, centrado en Galicia, apuntou que “as mulleres cobran de media un 27% menos que os homes” e que os datos de Gestha revelan que “Galicia é a comunidade onde, de seguires a este paso, máis se tardará en corrixir a diferenza salarial de homes e mulleres: 615 anos”.

“Temos no país un escenario no que é necesario facer un chamamento para que os valores de defensa do feminismo e dos dereitos das mulleres se estendan ao conxunto da sociedade e marquen un xeito de facer política”, subliñou o secretario xeral, consciente de que actualmente “están en risco” moitos dereitos.

Por iso, despois de enumerar que as excedencias de mulleres para o coidado de familiares aumentaron 10 puntos na última década, que o 80% dos contratos a tempo parcial que se asinan en Galicia recaen en mulleres e que a representación feminina en postos de dirección non chega ao 40%, Gonzalo Caballero recalcou que “os socialistas imos a ser punta de lanza dos dereitos que non se poden cuestionar”.

FEIJÓO “NON ENTENDE A IMPORTANCIA” DA LOITA POLA IGUALDADE

E, tras avanzar que no seu ámbito de responsabilidade traballará por que as mulleres ocupen lugares preponderantes nas candidaturas, o máximo dirixente do PSdeG lamentou que Feijóo “non foi quen de entender a importancia” de loitar pola igualdade.

Só así se explica que, “pese á súa retórica”, deixase “nun terzo” os fondos que o goberno de Emilio Pérez Touriño consignara para apoio á conciliación laboral ou protección e promoción da muller.

Ademais, Gonzalo Caballero recordou como o pasado ano Feijóo non apoiou as mobilización do 8 de marzo e ata chegou a fixar uns servizos mínimos de cara á folga que foron declarados “ilegais” polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. “Despois intentou maquillar a súa ausencia de compromiso, pero agora se amosa disposto a abrazar a unha ultradereita perigosa para a causa dos dereitos das mulleres”, advertiu.

“XOGÁMONOS MOITO”

Así as cousas, o líder do PSdeG sinalou que “nos xogamos moito” nos próximos meses no eido de igualdade, pois sobre a mesa está manter “un goberno con conviccións feministas” ou optar por “quen cuestiona, ou mesmo rexeita, os dereitos das mulleres”. Aínda hai pouco, recordou, que un presidente do goberno “dicía ‘no nos metamos en eso’ cando se lle preguntaba pola fenda salarial entre homes e mulleres”.

“Aínda persisten moitas discriminacións e non pode haber un só retroceso”, concluíu Gonzalo Caballero, apelando á mobilización para participar nas folgas, paros ou concentracións convocadas para mañá nos distintos recunchos do país.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18