Categorías: Actualidade

A Xunta censura campañas dos Centros de Día para visibilizar a violencia machista nas mulleres de máis de 65

A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo, acusou á Xunta de censurar campañas para erradicar a violencia machista. Rodríguez Rumbo presentou unha pregunta oral en Comisión na que explicou que a Xunta mandou unha circular aos centros prohibindo campañas alleas á do Goberno”, invalidando a campaña do Centro de Día de Ribadeo sobre o ámbito concreto das mulleres de máis de 65 anos.

A deputada socialista explicou que o centro de día de Ribadeo “tiña xa preparada unha campaña con actividades a desenvolver o 25 de Novembro, mais tan só dous días antes recibirían unha circular da Xunta invalidando a mesma”. Así, Rodríguez Rumbo leu a circular da xunta a propósito do 25-N, destacando que “no artigo nove especifícase claramente que a campaña da xunta é a única que podía desenvolver”.

Por outra banda, Rodríguez Rumbo tamén explicou que a campaña que se ía desenvolver trataba en específico da situación das mulleres maiores de 65 anos. A deputada explicou polo tanto que “as mulleres neste tramo específico de idade son máis vulnerábeis, están máis invisibilizadas, dispoñen de menos recursos económicos e de menos recursos en xeral para saír da violencia machista”.

Así, a deputada socialista lembrou que, a pesares do envellecemento demográfico, “as denuncias por malos tratos en mulleres de máis de 65 constitúe tan só o 1,9 por cento das denuncias”. Seguidamente, denunciou que “non é que haxa menos casos, senón que temos un problema de resignación e invisibilidade”.

Por todo isto, a deputada mostrou o seu malestar coa negativa da Consellería de Política Social á campaña do centro de día de Ribadeo para visibilizar todas as problemáticas ás que fan fronte as mulleres de máis de 65. Así mesmo denunciou que “a xunta di que non censurou, mais unha cousa é o que a xunta di e outra o que a xunta fai”.

Interrupción do embarazo

Ademais, pediulle a Xunta que reduza o tempo entre que se realiza a diagnose e se leva a cabo a interrupción do embarazo. No debate dunha pregunta oral en Comisión lembrou que “a demora no tratamento supón un maior risco para a saúde da muller” e implica “unha carga emocional moi importante”.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que tome “unha posición diferente á do xefe de filas do PP, Pablo Casado” e a súa oposición á Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo. Sinalou que as mulleres que poden acollerse a este dereito na rede sanitaria pública galega “non chega ao 10 por cento”.

Esta situación provoca unha “maior vulnerabilidade emocional” para elas e que incluso nalgúns casos se teña que producir un traslado a Madrid, demorando moito o proceso e supoñendo unha situación de “moito risco”.

Explicou que este traslado pode derivar en “consecuencias fatais” como no caso dunha muller que perdeu o seu útero, e por tanto a súa capacidade reprodutiva, pola demora que lle provocou terse que trasladar polos seus medios a Madrid. Este caso, que supuxo unha condena para o Sergas por incumprir coa súa obriga, fixo que a Xunta anunciase a creación dun plan de atención sanitaria na liña do formulado polo Grupo Parlamentario Socialista en diversas ocasións.

Pablo Casado

A responsable socialista lembrou que Lei Orgánica 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo, aprobada polo goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, “constituíu un gran avance nos dereitos das mulleres sobre a súa saúde sexual e reprodutiva”. Esta norma abriu a posibilidade ás mulleres de “decidir de maneira mais completa e libre” sobre a súa maternidade.

Explicou que a pesares do apoio de organismos internacionais e “da maioría das mulleres”, dende a súa aprobación a Lei foi atacada con argumentos “que nada teñen que ver coa saúde ou os dereitos das mulleres”. Estes “ataques” chegaron dende organizacións e posicións “máis restritivas e reaccionarias” que recentemente víronse apoiadas por partidos “situados ideoloxicamente na extrema dereita”.

A portavoz socialista lamentou que “esteamos a ver como o líder do PP, Pablo Casado, achégase a estas ideas”. Nesta liña, reclamoulle ao goberno galego unha posición contraria á do seu “xefe de filas”, que “entende ás mulleres coma vasillas –dixo Rodríguez Rumbo- e aos seus úteros coma unha solución para o problema das pensións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04