Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero avanza “unha campaña de proximidade” para mobilizar á cidadanía que non quere “o regreso ao pasado” que encarna Aznar

O secretario xeral presenta as listas de Ourense e Lugo, uns equipos “magníficos” para “seguir na senda de avances” impulsado polo PSOE de Pedro Sánchez

Ourense/Lugo, 3 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presentou este mércores en Ourense e Lugo as candidaturas socialistas ás eleccións xerais do vindeiro 28 de abril. Son, como dixo, uns equipos “magníficos” que contribuirán a aumentar o respaldo ao PSOE que lidera Pedro Sánchez.

En declaracións aos medios, o líder do PSdeG sinalou que a campaña servirá para plantexar á cidadanía que o 28 de abril decidirase entre “dous modelos”.

Por unha banda, explicou, está “o da dereita que virou á ultradereita” e que, “con tres papeletas que supoñen un regreso ao pasado, teñen como ideólogo a referente a José María Aznar”. Pola outra, proseguiu, está o proxecto “de avance e progreso social” que defende Pedro Sánchez.

Por iso, Gonzalo Caballero concluíu que “o PSOE é o voto útil” para “seguir na senda de avances” impulsado polo goberno socialista nestes dez meses, e que permitiu universalizar a sanidade pública e subir as pensións, o salario mínimo interprofesional e o soldo dos empregados públicos.

Esta tarefa, continuou o máximo dirixente dos socialistas galegos, “énchenos de orgullo” e require o compromiso de todos aqueles cidadáns que “non queremos á dereita e á ultradereita” á fronte das institucións.

CANDIDATURAS DE OURENSE E LUGO

No caso de Ourense, Gonzalo Caballero estivo esta mañá presentando as listas en compañía do secretario provincial do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino.

Dende alí, destacou que o equipo que encabeza Marina Ortega ao Congreso e Juan Carlos Francisco Rivera ao Senado amosa que “temos capacidade para impulsar o goberno socialista” tamén dende esta provincia, onde se prevé unha mellora no número de apoios ao PSOE.

Xa á tarde, en Lugo, o secretario xeral presentou unha lista “competente, preparada e comprometida” que “representa á pluralidade da provincia” ao conxugar perfís urbanos e rurais, así como persoas mozas con outras con maior experiencia”.

En concreto, a candidatura ao Congreso pola provincia de Lugo conta no número un con Ana Prieto e, ao Senado, con César Mogo.

Todo iso, coa referencia das “políticas de progreso” que en Lugo están poñendo en marcha tanto Lara Méndez dende a alcaldía da capital de provincia como Darío Campos dende a Deputación, presentes na foto de familia ao igual que o secretario provincial, Álvaro Santos.

Ademais, o líder do PSdeG aproveitou para avanzar a próxima visita de Pedro Sánchez a Vigo durante a campaña, así como a presenza de distintos dirixentes do partido a nivel federal e ministros do goberno de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24