Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero avanza unha campaña centrada en “convencer” na rúa para “vencer” nas urnas

O secretario xeral chama a consolidar “un goberno que gobernou para a maioría” fronte ao “bloque da ultradereita” que ten a Aznar como “referente”

Santiago, 15 de febreiro 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou hoxe o seu apoio á decisión tomada polo presidente do goberno de convocar eleccións o día 28 de abril e avanzou unha campaña centrada en “convencer” na rúa para “vencer” nas urnas.

Tras oito meses “dun goberno que gobernou para a maioría” e que presentou para a súa tramitación uns orzamentos que eran “positivos para a cidadanía”, Gonzalo Caballero asegurou que o PSdeG está “preparado” para afrontar unhas eleccións xerais nas que se poderán confrontar dous modelos.

O primeiro deses modelos, segundo as palabras do líder dos socialistas galegos, é o que representa o PSOE de Pedro Sánchez, que evidenciou na súa etapa de goberno que “o importante nivel de crecemento económico” que ten agora mesmo o país “é compatible cunha axenda de impulso social”.

Fronte á opción dun goberno “progresista”, Gonzalo Caballero situou ao “bloque da ultradereita” que ten a Aznar como “referente”. Concorrerá aos comicios, proseguiu, con “tres papeletas”, as de PP, Ciudadanos e Vox, pero un único proxecto, o do “retroceso” para o país en materia de dereitos, liberdades e servizos públicos.

É o que quedou patente, como explicou, na votación dos orzamentos. “Esa derrota parlamentaria é entendida como un fracaso da política, por como a dereita e os independentistas preferiron aliarse en torno aos seus intereses particulares e non para permitir que a recuperación económica chegase a todas as familias”, reprobou.

“XOGÁMONOS MOITO”

Neste contexto, tras avanzar que o vindeiro luns terá lugar unha xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG, Gonzalo Caballero avanzou que “toda a maquinaria” do socialismo galego poñerase a funcionar de cara á campaña.

“Porque xogámonos moito”, destacou, en alusión “aos traballadores, os pensionistas, as clases medidas e os que cremos no estado do benestar”. É por iso que a campaña dos socialistas servirá para facer “pedagoxía” sobre o que significan as políticas da esquerda para a maioría de cidadáns. Será, por tanto, unha campaña “en positivo”, con “argumentos e ideas”.

Por último, tras amosarse convencido de que o PSOE está en condicións de ser a primeira forza en España tanto nas xerais coma nas municipais, criticou “á dereita que con tanta urxencia pedía eleccións” e que agora “parece que xa non lle gustan tanto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24