Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Ata Rajoy se dá conta de que o PP perdeu o rumbo”

A Coruña, 12 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este sábado A Coruña, un día despois de estar en Vigo e Ourense, para estar en contacto coa cidadanía antes de participar nunha cea-mitin en Vilalba en compañía da candidata á alcaldía, Elba Veleiro.

Dende a cidade herculina, o líder dos socialistas galegos fixo referencia ás declaracións do ex-presidente pedindo “moderación” aos seus para concluír que “ata Rajoy se dá conta de que o PP perdeu o rumbo” e de que a súa viraxe á ultradereita é “unha estratexia errada”.

“Na súa aposta por aliarse con Vox, o PP afastouse de toda a cidadanía que quere que o país siga avanzando e prosperando”, explicou Gonzalo Caballero, quen remarcou que “o PP perdeu o sentido común que lle reclama Rajoy”.

Fronte a iso, o máximo dirixente do PSdeG recalcou que só o PSOE representa “o voto útil” para continuar na senda de progreso.

E é que, como destacou, o goberno que encabeza Pedro Sánchez demostrou que é posible “gobernar para a maioría” e traballar para que a recuperación económica chegue a todos os fogares. Así o evidencian, apuntou, decisións como a suba das pensións e do SMI ou os plans de emprego para mozos.

Por iso, Gonzalo Caballero chamou a toda a cidadanía a participar nas vindeiras eleccións xerais, nun contexto no que están en xogo cuestións tan relevantes como o dereito a interromper o embarazo ou a loita contra a violencia machista. “Ninguén pode quedar de perfil”, finalizou.

VISITA Á CORUÑA

Ademais, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor a candidatura que a nivel municipal encabeza Inés Rey e recordou que a cidade herculina só foi “unha referencia” cando o Pazo de María Pita tivo un socialista á fronte.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57