Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero anuncia que o PSdeG pedirá unha comisión de investigación sobre a xestión da Xunta nas residencias de maiores: “Feijóo debe unha explicación a Galicia”

O secretario xeral sinala que Feijóo “xogou a ser o pitufo gruñón” dedicándose mais “a confrontar e a refunfuñar contra o goberno” que a colaborar e dar solucións aos galegos

Santiago, 25 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que o PSdeG pedirá a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento sobre a xestión da Xunta nas residencias de maiores, que acumulan case a metade de falecementos por coronavirus en Galicia.

“Feijóo debe unha explicación a Galicia”, sostivo o líder dos socialistas galegos, consciente de que é necesario “aclarar todo o ocorrido” nestes centros. “As familias merecen unha explicación transparente, con información e análises das medidas que se tomaron e das que non”, recalcou.

“Hai que explicar ás familias que preguntan que aconteceu nas residencias e dar información detallada sobre os contaxios e falecementos en cada unha delas, e tamén explicar os contaxios dos traballadores”, inquiriu Gonzalo Caballero, quen reclamou saber se a dirección dos centros de maiores privados con contaxios masivos “adoptaron axeitadamente os mecanismos de protección”.

Ademais, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, Feijóo ten que dar contas “do seu modelo privatizador e da súa conivencia cos incumprimentos dos protocolos” por parte de certas residencias privadas, como xa sinalou o propio Consello de Contas no seu informe do ano 2017.

“As familias que perderon aos seus maiores nas residencias pola covid-19 merecen empatía e respaldo”, engadiu Gonzalo Caballero, para esixir a Feijóo que “non oculte a información” e que aclare tamén a información sobre falecementos neses centros de maiores sen diagnóstico de coronavirus.

ESTADO DE ALARMA

“Galicia necesita un goberno que atenda as demandas da cidadanía”, defendeu o representante do PSdeG, quen lamentou que Feijóo preferira traballar como “o gran colaborador na estratexia de confrontación contra o goberno de España marcada por Casado, Álvarez de Toledo e Ayuso”.

Así é que, profundou Gonzalo Caballero, Feijóo “non traballou para solucionar os problemas” en asuntos da súa competencia durante esta crise. “O caos da volta ás aulas, o crecente rexeitamento dos sectores culturais ao seu plan de reactivación, a falla de resposta para o turismo e a hostalería, a ausencia de compromiso coa sanidade pública…”, enumerou, dan conta disto.

“Feijóo xogou a ser o pitufo gruñón e a refunfuñar contra o goberno en vez de colaborar na busca de solucións aos problemas que existen en Galicia, tanto no confinamento como no proceso de desescalada”, evidenciou o líder do PSdeG, consciente de que Feijóo “preferiu confrontar e non colaborar”.

“Galicia -dixo- necesita un goberno que sexa parte da solución e non un obstáculo. Galicia necesita un goberno de progreso que poida colaborar co goberno de España e os gobernos municipais ao longo dos próximos anos para saír desta crise”. “Os galegos merecemos algo máis que un presidente que pon trabas, pero non solucións aos problemas”, apostilou Gonzalo Caballero.

De feito, sinalou que Feijóo non dispuxo “medidas de calado” durante esta crise, máis alá dun “catálogo de propostas inconexas” concibidas para dicir que cando o goberno de España decide algo é “porque el o propuxo” ou para confrontar dicindo que “non lle fan caso” cando non ocorre. “É pouco crible”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18