Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ante a marcha atrás de Feijóo na imposición do seu plan de reforma docente: “É unha vitoria da universidade pública”

O secretario xeral sinala o “enorme clamor” de “centos e centos” de profesores universitarios que obrigou a Feijóo a retirar o seu plan de reforma docente, feito “pola porta de atrás” por “actores privados”


Santiago, 26 de maio de 2020
. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza coa comisión sectorial parlamentaria de Educación do PSdeG na que avaliaron o Programa de Transformación á Docencia Innovadora no Sistema Universitario Galego que a Xunta intentou “impoñer” e que foi rexeitado por “centos e centos” de profesores universitarios.

“O enorme clamor nas universidades públicas foi quen de gañar unha nova batalla a Feijóo en defensa dos servizos públicos”, recalcou o líder dos socialistas galegos, quen destacou que Feijóo tivo que dar “marcha atrás” no seu intento de reformar a docencia universitaria “de forma exprés e sen consenso”.

De feito, Gonzalo Caballero criticou que a Xunta tentara “impoñer” un plan “feito a correr” e que foi “elaborado por actores privados” sen ter en conta ás universidades públicas galegas, nun ataque á súa autonomía. De feito, o obxectivo do PP era pór en mans dunha fundación privada a coordinación do proceso de transformación das universidades públicas galegas.

O escrito firmado por varios centos de docentes esixindo a “retirada inmediata” dese plan, que constitúe “un novo exercicio de desprezo á comunidade universitaria galega” por parte do PP, motivou que tiveran que retirar o texto. “É unha vitoria da universidade pública galega fronte á falla de rumbo do goberno do PP”, concluíu o dirixente do PSdeG.

ESCRITO DAS UNIVERSIDADES

Nese escrito remitido xa á Xunta, os asinantes recriminan ao goberno de Feijóo que “utilice como escusa a pandemia para cambiar de forma radical o sistema de organización presencial e de avaliación da docencia” e que o faga, ademais, cun mecanismo “expres” no que non se escoitou aos centros.

“É un desprezo ao noso traballo que se pretenda levar a cabo un cambio radical no modelo de ensino de forma sorpresiva e expres e sen contar cos principais actores”, poñen de manifesto.

Na mesma liña, critican o “desprezo” da Xunta cara o traballo realizado polas universidades públicas nos últimos dez anos para perfilar a metodoloxía docente e os sistemas de avaliación de cada título. “Miles de horas de traballo”, resumen os profesores que firman o documento.

“UNHA NOVA POLÍTICA UNIVERSITARIA”

Neste contexto, Gonzalo Caballero evidenciou que “o goberno de Feijóo carece dunha política universitaria sólida e solvente para as universidades públicas galegas” e que, tras “abandonar” á educación pública nestes once anos, “agora carece de folla de ruta para impulsar á universidade pública galega en tempos da covid-19”.

“Cómpre -engadiu o máximo responsable do PSdeG- unha nova política universitaria en Galicia, que estea a servizo do público e a carón da comunidade universitaria”. Así mesmo, Gonzalo Caballero comprometeu “conexión” do goberno galego coas tres universidades públicas para afrontar os retos que veñen por diante.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18