Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero advirte na súa visita a Galaxia que a crise da Covid “pon en risco á cultura galega” e reclama á Xunta “compromiso” para darlle futuro a esta industria

O secretario xeral urxe á Xunta a “resolver” o problema dos comedores escolares de Vigo, para que volvan funcionar e as familias conten cun servizo fundamental para a conciliación

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, advertiu hoxe de que a crise da covid “pon en risco a nosa industria cultural”, de xeito que reclamou á Xunta “un novo compromiso, con programas, proxectos e fondos que acompañen” a este sector.

“Galicia necesita cultura, e os e as socialistas imos ser aliados fiables e leais da industria cultural de Galicia”, remarcou logo de manter unha xuntanza coa directiva da Editorial Galaxia no ano do seu 70 aniversario.

Despois de destacar “a traxectoria e o compromiso coas letras e coa cultura galega” da Editorial Galaxia, o líder do PSdeG evidenciou que o eido público é “o escenario dende onde se debe impulsar que o país non perda cultura, que non perda industria cultural e que non perda emprego no ámbito cultural”.

Neste senso, Gonzalo Caballero sinalou que o plan da Xunta para a reactivación cultural “non tivo nin a capacidade nin a dotación de recursos necesarios para afrontar unha crise da intensidade da actual” e, ademais, incorre na “equivocación” de mesturar cultura e turismo.

Fronte a iso, asegurou que o PSdeG traballará nesta lexislatura pola “reconstrución cultural de Galicia, para que esta pandemia non implique  un retroceso da nosa industria e do noso sector cultural”. “A política dos ERTE deu a posibilidade de subsistir a moitas destas industrias ata o momento, pero o Estatuto de autonomía de Galicia implica competencias para o goberno autonómico, e a Xunta ten que facer os deberes”, remachou.

CURSO ESCOLAR

En paralelo, Gonzalo Caballero aproveitou a súa presenza en Vigo para sinalar que os deberes da Xunta tamén están sen facer no eido educativo.

Proba diso é que aínda hoxe están iniciando o curso milleiros de alumnos que tiñan que estar nas aulas hai unha semana e que se suceden as dimisións de equipos directivos dos centros, sendo o derradeiro caso o do IES Illa de San Simón de Redondela.

“O conselleiro ten que poñerse mans á obra”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, quen puxo en cuestión o plan de semipresencialidade anunciado onte por Feijóo logo de seis meses sen traballar para dar ao alumnado ordenadores e sistemas de conexión a internet.

Ademais, recordou que en Vigo segue habendo nenos sen servizo de comedor porque “a Xunta non traballou coas anpas” para que puideran seguir prestando o servizo “con garantías”.

“Non poden pasar máis días sen que a Xunta resolva este asunto, para que todos os comedores escolares do curso pasado estean funcionando e as familias poidan conciliar”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28