Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero ve a Feijóo “máis preocupado de ser utillero de Casado que de solucionar os problemas da sanidade pública ou de manter os profesores de reforzo”

O secretario xeral traslada a súa vontade de “integración e unidade” a todo o PSdeG para “volver acadar resultados máximos nas eleccións xerais e municipais en 2023 como fixemos en 2019”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, lamentou hoxe que Feijóo estea “máis preocupado por ser un utillero de Casado na estratexia de ataque ao goberno de España que por ser presidente da Xunta e solucionar os retos de Galicia”.

“Feijóo ten que dar resposta aos problemas da sanidade pública e manter os contratos a todo o profesorado de reforzo de Galicia”, exemplificou, ao tempo que subliñou que, de cara ao novo curso político, a Xunta ten que poñer en marcha “unha estratexia para reactivar a economía galega e non para abandonar o país”. Porque este, subliñou, ten que ser “o curso político da reactivación, o impulso aos servizos públicos, a xeración de emprego e a modernización da economía de Galicia”.

En vez diso, reprobou Gonzalo Caballero, “atopámonos con que Feijóo estivo ausente todo o verán e nin sequera compareceu para explicar o varapau xudicial que os tribunais lle deron á desescalada e ás políticas da Xunta de Galicia”. Logo de ano e medio de pandemia, sinalou, a Xunta “nunca foi quen de ser locomotora de tracción para Galicia” senón que máis ben foi “a remolque” e “sempre na liña de conflito e tensión” co goberno de España.

Partidario de buscar “acordos de país”, o líder do PSdeG reclamou ao goberno galego que “recoñeza que está a debilitar os servizos públicos en Galicia e que non ten política capaz de xerar emprego de calidade”, así como que está facendo “unha xestión caótica dos fondos comunitarios”. Engadiu que “carece de orientación”, que o balance da xestión ata o momento dos fondos europeos resulta “un desastre” e que, “con esas prácticas, imos fracasar á hora de aproveitar as oportunidades que veñen para Galicia”.

Como exemplo, lembrou que de acordo co último informe de fiscalización da xestión dos fondos da UE por parte da Xunta, elaborado polo Consello de Contas, a Xunta “non executa 4 de cada 10 euros que chegan a Galicia procedentes da UE”. Ao fío disto, Gonzalo Caballero sinalou que “ou a Xunta muda a súa xestión, ou non será capaz de liderar a utilización de fondos Next Generation EU”.

Por iso, o líder do socialismo galego anunciou “unha batería de iniciativas parlamentarias para fortalecer a sanidade e a educación públicas e as políticas sociais”. O Grupo Socialista, explicou, proporá unha “nova política económica centrada na xeración de emprego, cun plantexamento de modernización da estrutura produtiva do país que faga fronte aos retos da transición dixital e da transición ecolóxica”.

INTEGRACIÓN E UNIDADE

Ademais, en resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG trasladou a súa disposición a acadar “integración e unidade no PSdeG para ir ás eleccións municipais e xerais de 2023 con toda a forza e toda a capacidade para volver acadar os mellores resultados da nosa historia, como xa acadamos nas eleccións de 2019”.

Sinalou que “teño ganas, teño ilusión e teño forza, e síntome moi respaldado pola militancia do PSdeG, que quere avanzar, que quere sumar e que quere integrar”, para “seguir fortalecendo un partido que lle sexa útil a Galicia”. Temos, proseguiu Gonzalo Caballero, que fortalecer “a alternativa progresista, feminista, ecoloxista, galeguista e de esquerdas” fronte aos “perigos da dereita” que representa o PP e a un nacionalismo que “non nos gusta cando se abraza ao independentismo”.

Agora, como explicou, o partido levará a cabo en toda España unha renovación da súa dirección a tódolos niveis. No caso de Galicia, o Comité Nacional Galego -o máximo órgano entre congresos- é o responsable de convocar o cónclave e de decidir o calendario, logo de que o impacto da covid obrigara a alterar tódolos tempos políticos e a adiar o Congreso Federal previsto neste verán.

Nese horizonte de traballo, engadiu Gonzalo Caballero, a relación entre os equipos socialistas federal e galego resulta “fluída e continua”, na medida en que están a colaborar para establecer os calendarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28