Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero insta por carta a unha xuntanza con Feijóo “para abordar o mapa de proxectos prioritarios” para os Next Generation

O secretario xeral do PSdeG toma a iniciativa para abordar os fondos europeos, xa que o goberno galego se atopa “desnortado” e “non podemos perder o impulso da reactivación”

O líder socialista censura que Feijóo pida que goberne a lista máis votada co exemplo de Ourense ondo os votos do PP fixeron alcalde a Jácome, terceira forza

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu hoxe unha reunión a Feijóo “para abordar e consensuar un mapa de proxectos prioritarios” que opten aos fondos europeos Next Generation e conseguir así a modernización económica e social de Galicia.

“É hora de mudar de fase e que Feijóo asuma que ten que marcar un cambio de ciclo en materia dos Next Generation”, sentenciou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos logo de avanzar que hoxe mesmo remitiría unha carta ao presidente da Xunta para solicitar formalmente unha reunión “para buscar acordos”, xa que “non podemos perder o impulso da reactivación”.

Neste senso, o líder do PSdeG lamentou que en Galicia “os deberes sigan sen facer” cando se inicia o curso político, “cun goberno da Xunta que está desnortado” e que “segue nun escenario de nebulosa e confusión” en canto aos fondos europeos. “Carece dun traballo serio, sólido e ben feito” e só busca “marketing, publicidade e xerar unha estratexia de conflito”, resumiu.

Tanto é así que, a semana pasada, incidiu, a vicepresidenta primeira do goberno e ministra de Economía, Nadia Calviño, reclamou a Feijóo que busque grandes consensos e acordos “para indicar cales son os proxectos prioritarios para a recuperación económica e social” de Galicia, xa que “non podemos seguir perdendo o tempo e as posibilidades” como consecuencia dunha “política errática” da Xunta en materia de fondos europeos.

“Galicia está por riba da estratexia de conflito que busca o PP co goberno de España”, sentenciou o dirixente socialista, quen alertou de que “se a Xunta non muda a súa estratexia, Galicia acabará perdendo unha oportunidade histórica para modernizar o seu tecido produtivo”.

“NECESITAMOS UN GOBERNO DA XUNTA QUE DEA RESPOSTAS Á INDUSTRIA”

Ao fío disto, en canto á situación que está a vivir o sector industrial en Galicia, Gonzalo Caballero requiriu ao goberno galego que deixe de “buscar escusas e políticas de conflito”, xa que “necesitamos que a Xunta dea respostas e solucións” fronte aos problemas en Ferrolterra, en Ence, na automoción ou no naval.

“É o conselleiro de Economía o que ten que dar as respostas”, sinalou, antes de subliñar que “se non é quen de facelo, ten que deixar as súas funcións”.

Gonzalo Caballero puxo o foco así en que a Xunta ten que “asumir que ten as responsabilidades en materia de industria”, como recolle o noso Estatuto de Autonomía, ou, do contrario, “estará faltando ao respecto aos galegos e galegas”.

PREZO DA ELECTRICIDADE

A preguntas dos medios sobre o prezo da electricidade, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que cómpre que se tomen “todas as medidas necesarias para conter o prezo da luz”, tal e como está facendo o goberno de España. “Esa é a liña, e hai que seguir traballando”, incidiu.

Fronte á “política de conflito e sen solucións do PP”, o líder do socialismo galego puxo en valor as medidas aprobadas a semana pasada polo Consello de Ministros, na medida en que actúan para defender a poboación mais vuñnerable, construindo “escudo protector para que ninguén no noso país quede sen subministración eléctrica”.

FEIJÓO, “O GRAN INIMIGO DO MUNICIPALISMO”

Doutra banda, o líder do PSdeG cuestionou a mensaxe municipalista de Feijóo nos congresos do PP de Pontevedra e Lugo, xa que -dixo- Feijóo só conta cos concellos de Galicia “para os seus intereses”. “Foi o gran inimigo do municipalismo galego”, incidiu, xa que “recortou fondos aos concellos, non conseguiu acordos con eles e trasladoulles competencias sen darlles fondos”.

Ademais, ironizou co feito de que Feijóo diga que o PP terá un problema grave se non acada a Deputación de Pontevedra, porque o PP “non terá opcións de acadar o goberno na administración provincial”.

“Os galegos e as galegas saben que Feijóo atacou ao municipalismo de forma continua e que o único exemplo de alcaldía do PP nunha gran cidade en Galicia é Ourense”, apuntou Gonzalo Caballero, crítico co feito de que Feijóo volvese pedir que goberne a lista máis votada nos concellos.

“Debería ir a Ourense a explicar que alí goberna Jácome porque o puxo Feijóo cos votos do PP”, incidiu Gonzalo Caballero, toda vez que o PSdeG gañou as eleccións na cidade das Burgas e hoxe habería “un goberno de progreso e non o caos na xestión do pacto entre Baltar, Jácome e Feijóo”.

En fronte, destacou, o PSdeG “pode amosar a súa xestión” nos 113 concellos nos que goberna. “Somos”, recalcou, un partido “con vocación municipalista” que “está en condicións de reeditar no ano 2023 os máximos históricos acadados en 2019 nas eleccións municipais”. Por iso, concluíu, o partido “segue traballando tamén na clave municipal, para amosar que somos a mellor referencia ante o PP”.

“APOIO E SOLIDARIEDADE” CON LA PALMA

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG abordou a situación que se está vivindo en La Palma trala erupción dun volcán nas últimas horas.

Así, Gonzalo Caballero trasladou unha “mensaxe de apoio e solidariedade” a todas as veciñas e veciños da illa, así como ás forzas e corpos de seguridade do Estado que están traballando nesta situación de emerxencia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24