Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero insta á Xunta a acoller a persoas refuxiadas de Afganistán, como fan outras comunidades: “é o momento da solidariedade coas persoas que fuxen do terror e da violencia”

O secretario xeral anuncia que contará co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, na elaboración da ponencia marco do PSdeG, xa que “queremos deseñar a Galicia do futuro contando cos que mellor coñecen a Galicia do presente”

José Tomé subliña a importancia das infraestruturas na súa provincia e destaca a “fortísima inversión” do goberno de España no seu ferrocarril

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, para abordar ás infraestruturas que necesita a provincia e requirir o compromiso da Xunta.

Dende Monforte, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos pediu ao goberno galego “que se poña inmediatamente a disposición do goberno de España para acoller a persoas refuxiadas de Afganistán”, como xa están facendo outras comunidades.

“É o momento da solidariedade e de dar protección ás persoas fronte a un réxime cruel de terror e violencia”, sentenciou logo de incidir en que Galicia “ten que ser unha comunidade acolledora”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero avanzou que o PSdeG levará unha batería de iniciativas ao Parlamento para pedir a “cooperación” de Galicia, xa que “estamos preocupados e horrorizados polo que está ocorrendo en Afganistán” e “pola violencia que se está establecendo” e que pode seguir á alza.

PONENCIA MARCO DO PSdeG

En paralelo, coa vista posta na ponencia marco de cara ao congreso do PSdeG, o secretario xeral sinalou que o documento abordará “o que lles preocupa aos galegos e ás galegas”. Por iso, afondou, “queremos escoitar todas propostas que veñan de Lugo” con respecto á reactivación e aos “retos” da provincia en materia de servizos públicos, infraestruturas ou desenvolvemento industrial. “Porque Lugo importa”, sentenciou.

Nesta liña, avanzou que o partido contará con José Tomé para a elaboración deste documento, xa que “queremos deseñar a Galicia do futuro contando cos que mellor coñecen a Galicia do presente” e farémolo “a carón tamén dos alcaldes e alcaldesas de referencia de Galicia” como o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, “un gran coñecedor da provincia e un home comprometido que ten visión estratéxica”.

“É o momento de plantexar unha axenda de reactivación que conte con Lugo”, subliñou o dirixente socialista, para incidir en que o PSdeG quere “un proxecto para a Galicia da década dos 20 que poña en riba da mesa as prioridades en ámbitos tan importantes como as infraestruturas”.

COMPROMISO DO GOBERNO DE ESPAÑA CON LUGO

Neste senso, Gonzalo Caballero subliñou o importante investimento do executivo central coas infraestruturas logo da inxección de 546 millóns de euros para mellorar as liñas de tren na provincia. Así, lembrou que “durante tantos anos de gobernos do PP, as conexións ferroviarias con Lugo estaban metidas nun caixón”.

“Tivo que ser un goberno progresista en España o que, cun paquete de 546 millóns de euros, resolva a conexión ferroviaria de Lugo coa alta velocidade a través da conexión e electrificación das vías Monforte-Lugo-Ourense”, subliñou.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero lamentou a falla de compromiso do goberno galego coa provincia e instou á Xunta a “colaborar” coa provincia executando o desdobramento do corredor Nadela-Monforte, a Ronda Leste en Lugo ou a variante de Viveiro. “A Xunta ten que cumprir”, remachou.

JOSÉ TOMÉ

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, subliñou que, durante a xuntanza co secretario xeral do PSdeG, abordaron cuestións como a vertebración territorial ou “as infraestruturas de cara ao futuro que precisamos na provincia de Lugo”.

Ao fío disto, José Tomé reivindicou a “fortísima inversión” do goberno de España na provincia, especialmente en infraestruturas como o ferrocarril.

Así, o rexedor monfortino e presidente da Deputación lucense puxo en valor un investimento “histórico” por parte do executivo central que “fará posible que chegue o AVE á capital lucense e tamén á capital da Ribeira Sacra”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28