Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

G. Caballero destaca que os Orzamentos Xerais do Estado suben a inversión en Galicia nun 29%: “Seguimos cumprindo con Galicia”

O voceiro parlamentario do PSdeG reclama dende Alfoz máis fondos e investimentos da Xunta para os concellos porque “para saír desta crise e reactivar a economía, as políticas municipais xogan un papel fundamental”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo hoxe de relevo “o compromiso” que evidencian os orzamentos xerais do Estado con Galicia.

Como mostra dese compromiso, Caballero subliñou que as contas estatais contemplan un “importante investimento” para a comunidade, que se incrementa nun 29 por cento con respecto ao ano pasado e que chega aos 1.075 millóns de euros para 2022. Con esta cantidade, o voceiro parlamentario do PSdeG salientou que “os orzamentos xerais do Estado destinar a cada galego 398 euros, fronte a unha media en España que está en 277”.

Ante estes datos, Gonzalo Caballero manifestou a súa satisfacción logo de que el mesmo trasladara ao goberno de España “que fixera un investimento importante nos orzamentos para cubrir as necesidades de Galicia”. “Os e as socialistas galegos seguimos defendendo os intereses de Galicia e cumprindo con Galicia”.

A XUNTA TEN QUE INVESTIR MÁIS NOS MUNICIPIOS GALEGOS

Gonzalo Caballero realizou estas declaracións durante una visita ao concello lucense de Alfoz, onde estivo acompañado polo alcalde do municipio, Jorge Val.

Alí, o voceiro do Grupo Socialista tivo palabras de recoñecemento para o traballo que fan o rexedor e o grupo de goberno, que “nesta etapa de tantas dificultades pola pandemia amosaron sempre estar ao pé do canón traballando polos veciños e veciñas e facendo as mellores políticas públicas dende o concello”.

Tras remarcar “o traballo, a traxectoria e o compromiso” do alcalde “durante tantos anos” e amosarlle o seu “respaldo”, Gonzalo Caballero reclamou á Xunta de Galicia que “tamén aposte polos concellos pequenos”.

Así, incidiu na necesidade de que o goberno galego lles achegue financiamento e fondos, porque “para saír desta crise e reactivar a economía, as políticas municipais xogan un papel fundamental”. Nesta liña, Gonzalo Caballero enfatizou que “as alcaldías socialistas representan a mellor política municipal de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41