Categorías: Actualidade

Formoso viaxará a Estrasburgo para manter un maratón de reunións con ata cinco Comisarios Europeos e varios representantes da Eurocámara

O secretario xeral do PSdeG desenvolverá una axenda relacionada co impulso das enerxías renovables, coa cohesión territorial ou o rexeitamento de Galicia á prohibición da pesca do arrastre de fondo

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, realizará a próxima semana unha viaxe de tres días a Estrasburgo, sede oficial do Parlamento Europeo, onde manterá un maratón de reunións con ata cinco membros da Comisión Europea e varios representantes da Eurocámara. O tamén alcalde das Pontes e presidenta da Deputación da Coruña leva na súa axenda diversos asuntos que ten previsto abordar coas autoridades comunitarias, que van dende o impulso das enerxías renovables ata a pesca, pasando pola política agraria común ou pola cohesión territorial.

A visita de Formoso á capital alsaciana coincidirá coa celebración do debate sobre o estado da Unión Europea, fixado para o mércores 14, no que deberá comparecer a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, e no que os eurodeputados examinarán o traballo do conxunto do executivo comunitario. Na mesa sesión plenaria tamén se van a debater e votar os plans para acelerar a implantación das enerxías renovables e reducir o consumo enerxético para o 2030.

O líder dos socialistas galegos iniciará a súa viaxe este luns día 12, no que manterá o seu primeiro encontro cun membro da Comisión Europea. Será coa responsable de Enerxía,  a estoniana Kadri Simson, á que lle exporá o pacto en favor dunha enerxía eólica sostible subscrito co PSdeG con varias forzas sindicais e comunidades de afectados. De seguido, participará xunto ao eurodiputado do PSdeG, Nicolás González Casares, nun briefing sobre a directiva de enerxías renovables.

O groso da axenda do secretario xeral dos socialistas galegos levarase a cabo o martes día 13, no que manterá un encontro co vicepresidente da Comisión Europea e alto representante da Política Exterior da UE, Josep Borrell, para abordar a situación xerada coa guerra de Ucraína.

Na mesa xornada, Formoso manterá encontros de traballo coa comisaria europea de Cohesión e Reformas, a portuguesa Elisa Ferreira, co responsable de Emprego e Dereitos Sociais, o luxemburgués Nicolas Schmit, e co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, co que abordará a proposta de prohibir a pesca de arrastre de fondo, rexeitada abertamente polo PSdeG e o conxunto do sector pesqueiro galego.

A viaxe concluirá o mércores, día do debate sobre o estado da Unión Europea, que será seguido polo número un dos socialistas galegos. A longo de dita xornada, tamén manterá outras reunións con membros da delegación socialista europea, como Iratxe García-Pérez, presidenta do Grupo S&D  (Socialistas e Democráticas), ao que está adscrito o PSOE.

Tamén se verá Formoso coa eurodeputada Clara Aguilera, coordinadora da área de agricultura do Grupo S&D para abordar os asuntos máis importante da nova Política Agraria Común (PAC).

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02