Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso pide evitar que o PP de Feijóo “cambie o país para peor” como fixo con Galicia

O secretario xeral do PSdeG destacou o labor do goberno socialista nun encontro que mantivo co ministro de presidencia Félix Bolaños na súa visita á cidade da Coruña

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou ao seu partido a traballar para evitar que Núñez Feijóo chegue á Moncloa e “peche a porta dos soños” aos españois, cambiando así España “para peor”, como xa fixo con Galicia durante o seu mandato.

Nunha intervención dende A Coruña, a propósito da visita do ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, na que tamén participou a alcaldesa, Inés Rey, o líder dos socialistas galegos reivindicou o traballo do goberno central para “axudar á xente” ante a delicada situación económica derivada da pandemia e a guerra de Ucraína.

Formoso afirmou que ao Partido Socialista gústalle “facer soñar” á sociedade e facer realidade os seus soños, entre os que destacou a “modernización” de España coa integración na Unión Europea e o liderado europeo en política de “protección social e revolución económica” do actual goberno de Pedro Sánchez.

Con especial atención á visita do ministro Bolaños, pediu expresamente evitar que Feijóo chegue á presidencia do goberno, pois levaría consigo pechar “a porta dos soños” da cidadanía, ao tempo que suporía “cambiar un país para mal” como fixo con Galicia nos seus 13 anos como presidente.

Dentro do balance da xestión do expresidente da Xunta, o responsable socialista reprochoulle que deixara unha educación que conta con 138 colexios menos, unha sanidade con 976 profesionais menos só na atención primaria, os 130.000 habitantes menos que ten Galicia dende 2009 ou que triplicara a débeda pública da comunidade autónoma, ata chegar aos 11.700 millóns de euros.

Ante o coñecemento dos socialistas galegos das consecuencias da xestión de Feijóo, o secretario xeral do PSdeG pediu “co corazón” que a militancia axude “a frear” o modelo de “involución” que traen consigo os populares que ven a substituir a “revolución” que está a levar a cabo o actual goberno socialista.

FÉLIX BOLAÑOS

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, na súa visita á Coruña tratou de amosar as debilidades do líder da oposición tralo debate no Senado con Pedro Sánchez, onde Feijóo demostrou que está “falto de rigor, falto de propostas, falto de vontade para chegar a acordos, falto de equipo e, sobre todo, falta á verdade”, sinalou Bolaños.

INÉS REY

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a labor dos gobernos socialistas da cidade e de España que “avanzan xuntos cara ao futuro” fronte a “incomparecencia” do goberno autonómico popular na Xunta que só sabe “recortar e mentir”. Do mesmo xeito, agradeceu a labor do goberno central que “mira cara ao norte” con especial énfase no cumio hispano-alemán que terá lugar no mes de outubro na cidade herculina.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04