Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Formoso urxe á Xunta un plan de choque para paliar o impacto económico da guerra de Ucraína en Galicia

O líder dos socialistas galegos participa nos actos do Día da Clase Obreira Galega en Ferrol

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que “poña enriba da mesa un plan de choque” de medidas deseñadas para paliar o impacto económico da guerra de Ucraína en Galicia. Así o dixo logo de participar en Ferrol nos actos organizados con motivo da celebración do Día da Clase Obreira Galega.

O responsable socialista urxiu ao goberno galego a que tome medidas diante da “situación límite”, provocada pola suba dos prezos da enerxía derivados da invasión rusa a Ucraína, para sectores económicos fundamentais en Galicia como o gandeiro, pesqueiro ou do transporte.

Dixo que a situación “require que o gobernos central e tamén a Xunta de Galicia” tomen medidas e, en concreto no caso do goberno galego, reclamoulle “plans de apoio aos sectores económicos para reducir os custes enerxéticos e desenvolver os potenciais de Galicia”.

Chamou a “por unha vez sentarnos todas as forzas políticas nun curto prazo para poñer en marcha medidas” abrindo a fiestra do potencial enerxético e das materias primas de Galicia, reducindo a “dependencia do gas ruso e dos mercados internacionais”.

Día da Clase Obreira Galega

O responsable socialista participou en Ferrol, e en nome de tódolos socialistas galegos, nos actos de homenaxe ao movemento sindical obreiro que teñen lugar o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Lembrou que este movemento está “personificado en Daniel e Amador, que no ano 72 deron a súa vida por unha serie de valores que temos a obriga de preservar porque nunca están suficientemente garantidos”.

Avogou por “regar a flor da democracia e da liberdade permanentemente”, hoxe coa conmemoración simbólica e a lembranza para “honrar a memoria de dous sindicalistas de CCOO que deron a súa vida” na defensa dos traballadores e traballadoras.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18