Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena pídelle á Xunta que deixe de practicar “a política da avestruz” ante os problemas de contaminación por xurros

Incidiu en que ultimamente quen fai cumprir a lexislación ambiental é o TSXG e a sociedade civil xa que “a Xunta está ao servizo doutros intereses”

O deputado socialista Pablo Arangüena lamentou hoxe que a Xunta siga a practicar “a política da avestruz” ante “o evidente impacto” que están a ter a contaminación por xurros en cursos fluviais e acuíferos de Galicia. Censurou deste modo que o goberno galego siga “negando un problema medioambiental” e escudándose nunha suposta falta de competencias para non tomar medidas ante unha situación “vixente dende que comezou a autonomía” e que se foi agravando nestes 40 anos, “dos que o PP gobernou 33”.

Neste contexto, Pablo Arangüena insistiu en reclamarlle ao goberno galego medidas que palíen ou minimicen as consecuencias deste tipo de contaminación, “porque os xurros son un problema que hai que xestionar”. “Como van tratar vostedes este asunto?”, preguntoulle hoxe ao goberno galego na Comisión de Medio Ambiente, “cales son os controis que existen ante esta situación?”. Con todo, o director xeral de Gandería dedicouse a “escorrer o vulto” ante as cuestións suscitadas polo parlamentario do PSdeG e nas que lle pedía explicacións pola falta de políticas eficaces nesta materia.

Como paradigma do impacto deste problema, Pablo Arangüena lembrou o vertido de 20.000 litros de xurros procedentes dunha explotación gandeira o pasado mes de setembro ao río Tambre. Esa circunstancia ocasionou o corte do subministro da auga en Santiago  e problemas en diferentes concellos da contorna, “cun gran efecto, ademais, no ecosistema dese río, que acaba desembocando na ría de Muros”.

Porén, ese vertido exemplifica unha situación que “non é illada”, senón “excesivamente común en Galicia”, e que “tende a máis pola falla dunha verdadeira política de control medioambiental e, sobre todo, de tratamento destes residuos”. Por iso, malia que a Xunta leva moitos anos dicindo que considera prioritario o problema dos xurros, “na práctica, como é tan habitual nas políticas da Xunta de Feijóo, todo queda sempre en palabras que nunca van acompañada de feitos”.

Pablo Arangüena explicou que se trata ademais dun problema que está repartido por toda Galicia, con milleiros de explotacións. Así, lembrou un informe realizado polo Seprona a petición da Fiscalía hai 13 anos que determinaba que o 20% das granxas tiñan acuíferos a menos de 500 metros e que se podían ver afectados polas escorrentías de xurros. “Non é”, remarcou, Arangüena, “un problema que veña de agora e que xurdise coa polémica das macrogranxas”.

De maneira específica, incidiu no impacto negativo que está a ter en zonas como A Limia. Alí concéntrase preto do 50 % de granxas industriais de porcos de Galicia, “onde os excrementos, na maior parte dos casos non están tratados adecuadamente e acaban contaminando acuíferos e embalses con auga para consumo humano”. Así sucedeu, incidiu Arangüena, no das Conchas, “pechado este verán por niveis excesivos de nitratos e cianobacterias”, ou o de Gundín, que abastecía de auga a Xinzo de Limia, “hoxe pechado e inservible para o consumo humano pola contaminación”.

Tras lembrar as “denuncias reiteradas nos últimos anos polos vertidos incontrolados” procedentes destas explotacións, Pablo Arangüena puxo de relevo que hai un grave problema de contaminación na Limia. “É unha auténtica bomba de reloxería ecolóxica”, subliñou, “como recoñece unha sentenza do TSXG de hai menos de 2 meses e que anula a autorización que lle deron vostedes a unha empresa para duplicar a produción dunha granxa avícola na Limia, nunha zona teoricamente protexida pola Rede Natura 2000”.

Polo tanto, sinalou que “ultimamente quen fai cumprir a lexislación ambiental galega é o TSXG e a sociedade civil”, xa que “a Xunta está ao servizo doutros intereses porque temos un goberno tóxico, un presidente da Xunta que vai ser o novo líder tóxico do PP e un goberno de propagandistas verdes e falsificadores ambientais”.

A CONTAMINACIÓN EN GALICIA, UN PROBLEMA XERAL

Ao mesmo tempo, Pablo Arangüena enmarcou o problema dos xurros nun problema máis xeral de  contaminación en Galicia. Neste contexto, recordou que hai 14 zonas marisqueiras clasificadas como C nas que non se pode mariscar, 98 zonas máis nas que hai que depurar o marisco que se recolle e 270 puntos negros de vertido nas nosas rías en 2021, un 10% máis que o ano anterior.

“Iso”, sinalou, “sen contar o que pasa nos ríos, que soportan episodios de contaminación que levan a que as licencias de pesca se reducisen en case 50.000 durante os mandatos de Feijóo, cando en Galicia chegou a haber máis de 100.000”.

Como consecuencia de todo isto, o voceiro de Medio Ambiente do Grupo Socialista lembrou que o Estado lle cobrou a Galicia 4 millóns de euros dunha sanción europea por incumprimento da normativa sobre contaminación. “Vostedes recorreron e perderon o recurso”, indicou Arangüena, “e hai que pagar 4 millóns pola súa ineficacia”. Ao mesmo tempo advertiu que hai pendentes outros procedementos de infracción en materia de saneamento e depuración, un deles pola contaminación no eixo Pontevedra-Marín-Poio-Bueu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18