Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena denuncia o “monopolio de facto” creado pola Xunta coa ITV despois da nova prórroga da concesión, sen concorrencia competitiva, á mesma empresa que presta o servizo dende hai 35 anos

Critica a “práctica habitual” do Executivo galego de “dar a dedo” e prorrogar “todo tipo de contratos públicos”, a pesar de que o Consello de Contas e a Comisión Nacional de Competencia censuran este procedemento

O voceiro de Transparencia do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou hoxe o “monopolio de facto” creado pola Xunta co servizo público da ITV en Galicia despois da nova prórroga da concesión, sen concorrencia competitiva, á mesma empresa que realiza o servizo dende hai 35 anos. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Servizos da Cámara galega, mediante a presentación dunha pregunta oral ao goberno galego.

Neste marco, o dirixente socialista censurou a “práctica habitual” da Xunta de prorrogar “todo tipo de contratos públicos” e dificultar así a entrada no mercado de novas empresas, a pesar de que tanto o Consello de Contas como a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia “veñen advertindo de que esta práctica é contraria ao libre mercado” e á que só debe recorrerse “como mecanismo verdadeiramente excepcional”, incluso cando se atope xustificada.

“Levamos coa mesma empresa 35 anos”, advertiu Arangüena, quen censurou que a Xunta non xustifique a excepcionalidade desta nova prórroga outorgada en febreiro de 2022 que permitirá á empresa Supervisión y Control (SYC), que ofrece o servizo en Galicia dende o ano 1987, continuar prestándoo ata 2027.

O goberno galego argumenta, incidiu, que o acordo para a prórroga permitirá rebaixar as taxas este ano nun 1,42%, pero “non fixo público o motivo para non convocar un novo concurso en busca de ofertas mellores”.

UN NIVEL DE DISCRECIONALIDADE PROPIO DUNHA “SATRAPÍA PERSA”

Con todo, Arangüena criticou que a Xunta de Galicia sexa a administración autonómica que máis procedementos a dedo contrata en España, incumprindo así o principio básico de libre concorrencia, o cal “demostra un nivel de discrecionalidade no uso dos recursos públicos propio dunha satrapía persa”, impropia dun sistema democrático, “aínda que a moita distancia do señor Baltar, campión mundial nesta materia”.

“Estas prácticas rebaixan e empeoran a calidade democrática” do noso sistema, subliñou Arangüena, quen lembrou que a Xunta “está obrigada a cumprir coa lei” e, polo tanto, a realizar as contratacións públicas a través de procedementos públicos en competitivos e abertos.  “Sistematicamente incumpren unha obriga legal”, concluíu o socialista, polo que “chove sobre mollado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18