Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso sinala que os lumes son “consecuencia do abandono do rural” por parte do goberno galego

O líder dos socialistas galegos advirte de que Galicia ten o 17 por cento da superficie queimada en toda España

Insta ao goberno de Alfonso Rueda a desenvolver unha “política forestal e de ordenación do territorio ambiciosa” para rematar coa lacra dos incendios forestais

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe que “o lume é a consecuencia do abandono do rural” por parte do goberno galego. Así o dixo na visita hoxe á Festa do Emigrante do Concello de Pol, que este ano alcanza a súa 37 edición, xunto co alcalde, Lino Rodríguez, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o portavoz parlamentario, Luis Álvarez, e cargos públicos e orgánicos dos socialistas de Lugo.

O líder dos socialistas galegos emprazou a desenvolver “unha política forestal e unha política de ordenación territorial ambiciosas” que, subliñou, “é a base da revolución que este país necesita” e “para que os lumes sexan unha anécdota no futuro”. Urxiu a mudar a “fórmula” fracasada do goberno galego, responsable do “abandono do rural que conleva o resultado de lume en Galicia”.

Explicou neste sentido que “cando o goberno galego non ordena o rural, cando non ten a ambición de potenciar forestalmente o rural, o que está a facer é provocar o abandono das aldeas de Galicia, e a súa consecuencia é o lume”.

Afeoulle ao goberno galego que o 17 por cento das 200.000 hectáreas calcinadas este verán pertenzan a Galicia, onde arderon 40.000 hectáreas de monte logo de “40 anos que levan renunciado a unha política de ordenación forestal”.

Zona catastrófica

Valentín González Formoso salientou na parte positiva que o goberno central teña atendido á petición trasladada dende o PSdeG “dende o primeiro minuto” para declarar 20 zonas catastróficas en Galicia.

O Decreto aprobado polo goberno de España, dixo, “fai xustiza con este país”, e permite que “centos de familias, empresas, concellos e administracións afectadas polo lume poidan ter unha liña de axudas clara”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57