Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso urxe unha xuntanza con Alfonso Rueda para resolver o colapso sanitario de Galicia, con “experiencias dramáticas en toda Galicia”

Amósase “avergoñado como galego” de que Feijóo queira votar en contra do aforro enerxético, como antes fixo contra o decreto que prohibía o acoso ás mulleres que deciden exercer o dereito ao aborto

O secretario xeral do PSdeG traslada o seu respaldo ao presidente e a vicepresidenta de Cegasal nunha xuntanza celebrada hoxe na sede do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta unha xuntanza para analizar e acordar unha solución ao colapso sanitario de Galicia. Así o dixo nunha rolda de prensa logo de manter unha xuntanza co presidente e a vicepresidenta de Cegasal, aos que trasladou o respaldo dos socialistas galegos a esta entidade de economía social.

O líder dos socialistas galegos fixo un chamamento a manter un encontro político ao máis alto nivel para “facer unha reflexión conxunta” que permita “resolver un problema de país” de primeira orde para “quen sofre unha doenza, que non é un actor político, é unha persoa que ten unha dor e que necesita ser curada”.

Urxiu ao presidente da Xunta a asumir en primeira persoa a solución á situación sanitaria logo do falecemento este verán dunha paciente no PAC de Sanxenxo, un concello que, sinalou, neste momento “non acepta consultas polo colapso sanitario”. A situación vivida este verán no que cualificou como o Concello “das ocorrencias sanitarias” é a mostra, dixo, que evidencia a situación “dramática” da sanidade galega”.

Aludiu á iniciativa do alcalde de Sanxenxo e respaldada pola Xunta de ofrecer pisos de verán aos profesionais sanitarios, o que demostra que “as ocorrencias non valen para resolver o problema”. Lembrou que os galegos e galegas teñen que agardar entre 14 e 25 días para unha cita co médico de cabeceira, e que aumentan ata “entre 7 e 10 meses para facer unha mamografía ou unha ecografía”.

Criticou que o goberno galego deixe desatendido este “enorme problema” que a sanidade galega arrastra “dende hai tempo”, con 976 profesionais sanitarios menos na atención primaria que no ano 2008. Lembra que, en contra da proposta socialista de aumentar o orzamento en sanidade un 10 por cento, o PP e o goberno galego “decidiron baixar un 2 por cento o orzamento para o ano 2022”.

Aforro enerxético

Formoso dixo hoxe que a negativa do PP a apoiar este venres o decreto de aforro enerxético “permite a toda España coñecer a realidade da figura política de Feijóo, e a forma de actuar torticeira, partidista e irresponsable”. Lembrou que a propia Xunta de Galicia recomenda poñer o aire acondicionado a 26º e a calefacción a 19º, “as mesmas medidas que agora Feijóo quere votar en contra para todo o Estado”.

Confesouse “avergoñado como galego” de que o presidente do PP sexa un galego que ten asumido unha postura contraria a unha demanda de Europa como antes bendixo a entrada de Vox no goberno de Castela e León. Aquela foi a primeira decisión dun dirixente que como segunda medida ordenou ao portavoz do PP no Senado votar en contra de prohibir o acoso ás mulleres que queren exercer o seu libre dereito a abortar.

Criticou que o PP de Feijóo “nos quere afastar do futuro, de Europa e das grandes democracias”, con esta posición en contra dunha demanda da UE como antes votou “contra o decreto de medidas para baixar o prezo do combustible aos transportistas e os pescadores”.

Valentín González Formoso mantivo un encontro co presidente e a vicepresidenta de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire e Silvia Allende, aos que trasladou o seu apoio á iniciativa desta entidade de economía social. Os socialistas galegos abren hoxe o camiño á colaboración cunha organización que emprega a 1.842 traballadores con discapacidade en centros especiais de emprego agrupados en Cegasal en toda Galicia.

Formoso asumiu o compromiso de que o PSdeG amplíe as relacións coa entidade e que exerza de “correa de transmisión” para dar a coñecer e sensibilizar sobre unhas iniciativas como a de Cegasal que “a sociedade valora cando as coñece”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08