Categorías: Actualidade

Formoso recolle as demandas da plataforma Galicia Baleira para a mellora das infraestruturas, sanidade, atención aos maiores e fiscalidade no rural

O líder dos socialistas galegos valora o traballo do colectivo e sinala que as reivindicacións terán reflexo no programa do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, recolleu hoxe as reivindicacións da Plataforma Galicia Baleira dirixidas á mellora das infraestruturas, os servizos sanitarios, a atención aos maiores ou a fiscalidade no rural.

Formoso valorou as aportacións do colectivo e sinalou que as reivindicacións terán reflexo no programa electoral dos socialistas galegos. Así o dixo nun encontro co responsable do colectivo, Jesús Vázquez Varela, así como dunha trintena de colectivos e entidades, na sede da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, no que tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a deputada provincial Pilar Porto.

O responsable socialista recolleu as principais demandas destes colectivos como parte dun amplo dossier coas demandas, que integrará no proxecto dos socialistas galegos par o interior galego.

A táboa reivindicativa presentada hoxe pasa pola mellora das conexións ferroviarias entre Lugo e Ourense e entre a capital da provincia e A Coruña, así como a conexión por autovía de Lugo con Santiago e Ourense. Formoso coincidiu na necesidade do reforzo da sanidade pública no interior de Galicia e a urxencia de presentar medidas para resolver o colapso da atención primaria.

Os socialistas coinciden tamén, engadiu, na necesidade de implantar residencias de maiores con xestión pública e medidas económicas e unha fiscalidade específica para o rural galego. Formoso salientou a necesidade de implantar cláusulas demográficas na contratación pública, para primar ás empresas que inclúan nos seus proxectos o asentamento nas zonas máis despoboadas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13