Categorías: Actualidade

Formoso urxe á Xunta a tomar medidas excepcionais para resolver o “colapso sanitario” de Galicia

O líder dos socialistas galegos sinala que a falla de previsión de Sanidade provoca as imaxes de maiores agardando 48 horas nos corredores de urxencias antes de ter habitación

Considera “indignante” que o BNG votara onte no Parlamento en contra dunha proposta para respaldar á UE, á OTAN e á ONU e ás sancións impostas contra Rusia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle hoxe á Xunta que tome “medidas urxentes, provisionais e excepcionais” para resolver o “colapso sanitario” dos hospitais galegos. Así o dixo nunha visita ás Festas da Ascensión de Santiago de Compostela, xunto co alcalde da cidade, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do goberno, José Miñones.

O responsable socialista fixo estas declaracións logo de coñecer da situación dos hospitais galegos, con persoas maiores aparcadas nos corredores ata 48 horas despois do seu ingreso en urxencias ata que non poden ter asignada unha habitación.

Mentres, lembrou que en Atención Primaria hai esperas de 14 días pola primeira cita, e en Atención Hospitalaria as esperas por diagnose de enfermidade grave se prolongan ata 6 ou 7 meses.

Responsabilizou á falla de previsión do goberno galego das “fotografías espeluznantes de persoas maiores nos corredores”, e lembrou que a Xunta renunciou a convocar 151 prazas MIR de familia e comunitaria dende 2009. Estes profesionais “poderían ter sido contratados, e as consecuencias se pagan agora” logo de anos de xestión con “medidas contrarias ao interese dos galegos e das galegas”.

Ucraína

Valentín González Formoso lamentou que o BNG votara onte no Parlamento parcialmente en contra dunha proposición non de Lei de condena contra a invasión de Ucraína por parte de Putin. Cualificou de “indignante” que os nacionalistas galegos se descolgaran do acordo para respaldar á posición da UE, da OTAN ou da ONU, así como das sancións aprobadas contra Rusia.

Sinalou que “non vale a ambigüidade neste caso” cando “a cidadanía galega e europea está sensibilizada coa invasión, e os organismos internacionais están denunciando crimes de guerra por parte de Rusia en territorio ucraíno”. A posición do BNG, dixo, súmase ao bloqueo a unha Declaración Institucional no Parlamento contra  a invasión, ou ao desmarque nos aplausos á intervención de Zelenski no Congreso por parte de Néstor Rego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18