Categorías: Secretaría Xeral

Formoso impulsa a Jorge Ulla como candidato para que Narón volva a ser “o motor económico da comarca”

O líder do PSdeG participa na presentación do cabeza de lista dos socialistas á alcaldía naronesa

Jorge Ulla remarca que o seu proxecto estará centrado na creación de emprego e a atracción de empresas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, lanzou hoxe a candidatura de Jorge Ulla Rocha en Narón para que esta localidade volva a ser “o motor económico da comarca coma nos anos 80 e 90”, ao tempo que puxo en valor a etapa política de Xoán Gato como o modelo a recuperar.


Valentín González Formoso acudiu á vila naronesa para trasladar o apoio dos socialistas galegos ao novo candidato na localidade, Jorge Ulla. Cualificou este día como “histórico e importante”, porque van a “revolucionar Narón dende a socialdemocracia”, a través dun proxecto que busca “abrazar a quen queira facer política en positivo, construtiva e con altura de miras”


O obxectivo que comparten Formoso e Ulla para a localidade de Ferrolterra consiste en “recuperar o papel de motor da comarca que tivo nos 80 e 90”, destacando o impulso económico e a creación de emprego como os puntos esenciais da proposta socialistas para o municipio.


Agradeceu ao candidato que dera un paso adiante e a súa valentía para “encabezar esta nova etapa” do partido en Narón e aseguroulle que contará co apoio e forza dun PSdeG que representa a cerca do 60% da poboación galega a través dos gobernos locais.


Do mesmo xeito, Formoso trasladoulle o apoio de todos os seus compañeiros e compañeiras que se presentan para conquistar ou manter a alcaldía, aos que gustaríalles ver que Narón “recupera a súa esencia” e “volve a liderar o mundo económico, laboral e empresarial da comarca, como noutras épocas”.


EMPREGO PARA QUE NARÓN CREZA


Pola súa banda, Jorge Ulla, como candidato que se estaba a presentar, agradeceu a confianza depositada polo seu secretario xeral, ao  que afirmou que ten “moitísima ilusión” e que se sinte con forza para liderar o proxecto, xa que pensa que “se poden facer grandes cousas en Narón, pero que agora non se están facendo”.


Ve á vila como un “transatlántico que creceu co empuxe de Xoán Gato” nos anos 80 e 90, pero que “agora mesmo está varado e padecendo apatía” pola inacción do goberno local. Entende que se están perdendo oportunidades para recuperar o tecido económico e industrial que caracterizaba a Narón, mesmamente cos fondos Next Generation, que ve que se están deixando escapar.


Ulla, avogado laboralista de profesión, insistiu en que o aspecto esencial do seu proxecto é a creación de emprego, recuperar a forza económica do municipio para que “a nosa xente poida traballar e vivir aquí”. Para iso buscarán “atraer novas empresas que sexan motoras e palancas da comarca” a través das súas políticas.


A posición de oitava cidade galega por número de poboación da que desfruta Narón, está en risco para Jorge Ulla, un aspecto simbólico que enmascara a realidade dun municipio que “incluso está perdendo poboación” nos últimos anos, como consecuencia do impulso económico dende o concello.


No seu proxecto “progresista”, ademais de no emprego, ten o foco posto na política social, sen ser esta “de etiqueta”, quere que sexa “de verdade” próxima á xente para os seus problemas cotiás, buscando que “a sintan os veciños e veciñas, que sintan que o concello está con eles”, concluíu.


A presentación de Ulla Rocha antes a prensa estivo avalada, aparte de polo secretario xeral do PSdeG, pola coordinadora comarcal do partido, Natividad González Laso, e pola dirección provincial, a través do secretario de organización do PSdeG na provincia da Coruña, Diego Fernández.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28