Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso empraza á Xunta a dar o paso de solicitar a declaración de zona catastrófica para os incendios de Valdeorras e O Courel

O secretario xeral do PSdeG sinalou que aproveitará a asistencia ao Comité Federal do PSOE para pedirlle a Pedro Sánchez que teña en conta a petición para mobilizar toda a axuda posible

Madrid, 23 de xullo de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou hoxe á Xunta a non perder máis tempo e a dirixirse ao goberno do Estado para solicitar formalmente  a declaración de zona catastrófica para as zonas de Valdeorras e do Courel afectadas polos incendios forestais. Esta medida permitiría mobilizar toda a axuda posible para as persoas que perderon os seus fogares ou que viron danadas as súas explotacións agropecuarias e todo tipo  de establecementos empresariais.

O número un dos socialistas galegos, que este sábado asistiu en Madrid ao Comité Federal do PSOE, valorou ao inicio da xuntanza que “faise imprescindible que o goberno galego pida oficialmente esta declaración de zona catastrófica”, algo que de momento non aconteceu. Do mesmo avanzou que vai pedir esta declaración directamente ao presidente Pedro Sánchez, aproveitando a reunión orgánica na rúa Ferraz.

A consideración administrativa de zona catastrófica comportaría algunhas vantaxes e compensacións para as persoas damnificadas polos lumes forestais. Entre as posibilidades que ofrece a declaración do Consello de Ministros están as medidas compensatorias a nivel económico para os particulares afectados, accións para incentivar a recuperación empresarial e económica dos territorios ou axudas para a activación no plano laboral.

Estas accións que serían pagadas con fondos estatais permitirían compensar no plano económico a veciños, agricultores e pequenos empresarios “para recuperar parte dos bens perdidos” aínda que Formoso insiste en que “a parte emocional non se recupera con cartos”.

O líder do PSdeG confía en que o goberno do Estado acepte a petición xa que o propio Pedro Sánchez puido coñecer en primeira persoa “o efecto devastador do lume no noso país” no transcurso dunha visita que Formoso agradeceu “en nome de todos os galegos e as galegas”.

A petición de declaración de zona catastrófica para as zonas devastadas polos incendios foi solicitada por unanimidade pola corporación municipal do Barco de Valdeorras, en sesión celebrada o pasado mércores, e tamén foi avalada polo PSdeG dende o Parlamento de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28