Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso reivindica dende Rianxo un novo Estatuto que lle permita a Galicia acadar o máximo teito competencial

O secretario xeral do PSdeG subliñou o papel central desempeñado polos socialistas na construción e desenvolvemento do autogoberno

Os socialistas galegos celebraron o Día Nacional de Galicia este luns en Rianxo, a vila natal de Castelao, onde o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, reivindicou que Galicia “necesita un novo Estatuto” que lle permita acadar “o máximo teito competencial”, así como todos os instrumentos previstos no ordenamento xurídico para responder a situacións de emerxencia de maneira máis áxil e eficiente.


Acompañado por máis de 300 militantes, simpatizantes e cargos políticos do partido, Formoso fixo unha ofrenda floral ante o busto de Castelao, situado no rianxeiro Paseo da Ribeira, e acto seguido pronunciou un discurso no que subliñou o galeguismo de “raíces ben profundas” que ten o PSdeG, ao tempo que expresou a súa determinacion por permanecer na vangarda dos cambios sociais, do progreso e da conquista de novos dereitos cidadáns.


O número un do socialismo galego sinalou que o PSdeG-PSOE é “a única forza política que estivo presente nos momentos clave da nosa historia”, impulsando tanto o Estatuto de Autonomía de 1936 como o de 1981, así como a Constitución ou o ingreso na Unión Europea. “Estivemos sempre remando a favor da autonomía galega e do reforzo do noso autogoberno —dixo Formoso—, nunca permitades que vos digan o contrario”.

Tamén recordou que foi un goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño o que protagonizou o último intento de reformar o Estatuto. “Foron outros os que fixeron encallar aquela reforma sumíndonos na parálise”, apuntou Formoso, antes de insistir en que “non é o PSdeG quen actúa con inmobilismo renunciando a asumir unha soa transferencia en 13 anos”, nin tampouco son os socialists os que definen o marco estatutario “coma un traxe vello que debemos queimar nunha fogueira para construír a república galega”.


Posta ao día

O líder do PSdeG reclamou unha actulización e “posta ao día” do Estatuto de Autonomía, pois cando foi plebiscitado o texto actual, en 1980, non existía Internet nin lei do divorcio, nin España se incorporara ás institucións europeas. Chamou Formoso a que o novo marco estatutario incorpore unha carta de dereitos cidadáns, pois hai moitos que se foron incorporando dende 1981, como o dereito ao aborto, o matrimonio igualitario ou a axuda aos dependentes “e mesmo esa Lei de 1986 que, por iniciativa dun goberno socialista e dun ministro valente, como foi Ernest Lluch, instituíu a sanidade pública e universal que todos prezamos”.

Engadiu o secretario xeral socialista en que son moitas as comunidades autónomas que reformaron os seus marcos incorporando novas competencias das que non dispón Galicia. “Aí está a cesión das autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre, de que dispón Andalucía e moi pronto Canarias, a xestión do tráfico ou a habilitación de instrumentos xurídicos, como o decreto lei, para responder con axilidade a situacións de emerxencia como a pandemia”.

Por ese motivo, insistiu unha vez en pedirlle ao goberno PP que, máis aló das frases feitos e dos brindes ao sol, se sente a falar da reforma do Estatuto para que Galicia poida acadar o máximo teito competencial e que á Xunta non lle poidan dicir que non pode recibir un traspaso porque non o ten previsto no seu marco estatutario.

O legado galeguista

Formoso rematou a súa intervención reivindicando o compromiso galeguista de “raíces ben profundas” que ten o PSdeG. Sinalou que, durante a República, os socialistas “acompañamos a Castelao no impulso do Estatuto de 1936”, e tamén foron perseguidos por iso, como ocorreu co alcalde socialista de Ferrol, Xaime Quintanilla, asasinado solo un día despois que Alexandre Bóveda.

As nosas siglas son as que escolleron Ramón Piñeiro ou Carlos Casares para participar na política”, abondou Formoso, “e serviron tamén de derradeira morada política para un militante moi prezado, Celso Emilio Ferreiro, o que dixo que Galicia era un país pequeno, pero que chegaba ata ás estrelas”.

No acto do PSdeG, que concluíu coa interpretación do himno galego, tamén fixeron acto de presenza varios representantes da plataforma cidadá que reivindica a construción dun centro de día para Rianxo. Formoso detívose a falar con eles e lembrou os compromisos adquiridos pola Deputación da Coruña para cofinanciar dito equipamento, e esixiulle á Xunta que faga a súa parte.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04