Categorías: Secretaría Xeral

Formoso denuncia a “renuncia” da xunta a resolver o colapso da atención primaria logo de propoñer que o persoal de enfermaría asuma as tarefas dos médicos nos PAC

O secretario xeral do PSdeG subliña que as críticas ao desmantelamento do sistema público de saúde que os socialistas levan tempo facendo en Galicia empezan a coller forza en outras comunidades

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou hoxe o anuncio feito polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) de que formará ao persoal de enfermaría para asumir as funcións dos médicos. Subliñou tamén que levan anos denunciando, xunto cos colectivos do sector en Galicia, as imaxes que agora se amosan noutras comunidades.

O líder dos socialistas galegos fixo referencia á nova de que o persoal de enfermería de atención primaria dos centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra-Salnés recibirán formación específica para atender aos pacientes exercendo de médicos, ante a falta dos mesmos. Formoso da por feito que esta práctica non tardará en estenderse ao resto do territorio galego.

Entende que isto amosa “ a renuncia do goberno galego a ter unha sanidade pública de calidade”, xa que obrigarán a “cargar de máis competencias” que lle son impropias a un persoal de enfermería “desmoralizado” cun “deterioro constante das súas condicións laborais”, que ven agravado polo esforzo especial realizado durante a pandemia que fixo un sacrificio persoal, sinalou.

Valentín González Formoso indica que así o PP vai a seguir forzando a marcha do talento galego, xa que os mozos e mozas formados en enfermería non quererán traballar nesas condicións e non se fai “ningunha medida para reter aos MIR que se forman cos cartos dos galegos e das galegas”, polo que está situación é para el un claro “fracaso como país”.

En canto ás imaxes vistas nos medios de comunicación da situación sanitaria doutras comunidades autónomas e que agora están de actualidade, Formoso recordou que levan “anos denunciando esta situación no noso país, xunto cos colectivos de profesionais e usuarios”, xa que en Galicia o deterioro da sanidade pública vai por diante do que hai no resto do Estado tras 13 anos de goberno popular.

O secretario xeral dos socialistas galegos atendeu aos medios no contexto dunha reunión coa Federación Galega de Comercio en Lugo, onde puxo en valor ao pequeno comercio, ao que “calquera formación que aspire gobernar o país ten que defender, xa que son unha parte esencial da economía e xeradores de emprego”. Acudiu acompañado, entre outros, do presidente da Deputación de Lugo, José Tome, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57