Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortadaSecretaría Xeral

Formoso cualifica de “proxecto tractor para Galicia” o contrato de fabricación das fragatas F-110 para a Armada española en Ferrol

O líder dos socialistas galegos asistiu hoxe, xunto co presidente do Goberno, o acto de corte de chapa dos novos buques para a Armada nun día “realmente histórico”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, puxo de relevo hoxe as oportunidades laborais, de talento e de diversificación industrial que se abren para Ferrol, a súa comarca e o conxunto de Galicia co inicio da construción das novas fragatas F-110.

O líder dos socialistas galegos asistiu hoxe, nos estaleiros de Navantia, ao acto de corte de chapa dos novos buques para a Armada española, no que acompañou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Tras cualificar a xornada como “un día realmente histórico”, Formoso subliñou que este megacontrato por valor de 4.500 millóns de euros vai supoñer un pulo para a contratación e o mantemento dunha media de 9.000 traballadores e traballadoras durante os vindeiros dez anos. “Vai ser”, resaltou,  “un contrato e un proxecto tractor non so para Ferrol e súa a comarca senón para toda Galicia”.

Nesta liña, afondou en que “aquí vaise aglutinar talento, coñecemento e forza laboral”. Porén, máis alá das oportunidades laborais que conleva para a sociedade galega”, o secretario xeral do PSdeG tamén incidiu nas posibilidades de talento que implica para un estaleiro e unha cidade que agora “ten tempo para repensar a súa diversificación e para mellorar e modernizar as súas capacidades nas instalacións de Navantia”.

Ao fío disto, fixo fincapé tamén nas oportunidades que achega para potenciar a futura actividade do estaleiro. Así, salientou as perspectivas de mellora no eido “da dixitalización, dos procesos produtivos ou das novas  infraestruturas, como o propio dique, que lles permitirá ser competitivos de cara a un futuro próximo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10