Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso chama a “recuperar os mellores valores socialistas, a ilusión e volver á Galicia progresista, feminista e europeísta”

O secretario xeral do PSdeG intervén en Sigüeiro a XI edición da Festa Socialista de Galicia, inédita dende 2016

O líder dos socialistas galegos intervén xunto coa portavoz da CEF e ministra de Educación, Pilar Alegría, e o alcalde de Oroso fronte a 3.000 militantes e simpatizantes e a plana maior do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interveu hoxe en Sigüeiro na XI Festa Socialista de Galicia, dende onde fixo un chamado á militancia e aos cadros socialistas para defender “os mellores valores socialistas, recuperar a ilusión e volver á Galicia progresista, feminista e europeísta”. Formoso interveu xunto coa portavoz da CEF e ministra de Educación, Pilar Alegría, e o alcalde de Oroso e anfitrión do certame, Luis Rey.

O líder dos socialistas galegos sinalou que “ser socialista é honrar a memoria de Castelao, do galeguismo e protexer Galicia contra vento e marea”, que terá “o respaldo do PSdeG sempre, goberne quen goberne en Madrid”. Reivindicou a defensa do sector pesqueiro cando viaxou hai unha semana ata Estrasburgo a “dicirlle á cara ao comisario europeo que a pesca galega hai que respectala” fronte á prohibición do veto á pesca de fondo.

Formoso defendeu un modelo de enerxías renovables que defenda a “participación pública no modelo enerxético” e que “da a cara fronte aos especuladores que queren explotar os nosos recursos”. Defendeu un proxecto político “aferrado aos valores do socialismo e do galequismo e que pelexa polo país” porque, engadiu, “só así seremos depositarios da confianza maioritaria dos galegos e das galegas”.

O responsable socialista puxo o foco nas próximas eleccións municipais e emprazou aos 2.500 militantes e simpatizantes congregados hoxe na área recreativa de Penateixa, así como a todo o socialismo galego, para “deixarnos a pel, porque cada un de nós é responsable de acadar un mundo máis xusto e dun entorno máis xusto”.

Sinalou que “se cremos e defendemos os valores da social democracia gañaremos nas municipais, e gañando nas municipais gañaremos a Xunta e poderemos darlle sustento ao goberno de Pedro Sánchez e unha Europa que nos da amparo” e fai bandeira dos valores de igualdade, xustiza e paz.

Salientou o traballo dos “máis de 1.000 concelleiros e máis de 110 alcaldías” socialistas en Galicia, cunha referencia especial ás alcaldesas socialistas, ás que nomeou unha por unha, e que demostran que “en Galicia a mellor política leva nome de muller”. Tamén sinalou ao “alcalde de alcaldes”, o rexedor de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, comom “gran referencia do municipalismo”, que “fai bandeira da protección social” e “desprega o mellor socialismo”.

O deterioro que hai que frear

Valentín González Formoso emprazou aos socialistas galegos a “frear” o “deterioro” provocado polos gobernos do PP na Xunta de Galicia, primeiro con Feijóo e agora con Alfonso Rueda. Os dous son, dixo, “corresponsables dunha Galicia que perdeu 100.000 habitantes e que ten 5.000 millón de euros máis de débeda, 1.850 euros máis por cada galego e cada galega”.

Criticou que deixen aos “pais e nais sen profesor de apoio nos colexios, que pechan unidades educativas, e con persoas que morren agardando pola pensión da Dependencia”. A “herdanza do PP”, dixo, é “unha Galicia moito máis feble politicamente, que perde os tractores económicos”, en alusión á perda das entidades financeiras, así como aos centos de empresas que pecharon baixo o goberno do PP.

Debido á súa xestión, dixo, “hoxe temos un país moitísimo máis débil no económico, con 138 colexios menos e máis pobre no sanitario, con 976 profesionais sanitarios menos que co goberno de Touriño, cunha atención primaria convertida nunha liña de atención telefónica.

Apuntou así á liña de oposición marcada por Feijóo no Estado fronte a un goberno que “pelexa polo país”, e que conseguiu 140.000 millóns de fondos europeos no “momento máis inestable politicamente da historia” e facendo fronte a unha pandemia e ás consecuencias da guerra de Ucraína. No outro lado, dixo, Feijóo representa “a oposición máis ruín, cicateira e on menos altura de miras que viu o Congreso”.

Pilar Alegría

A portavoz da CEF e ministra de Educación, Pilar Alegría, defendeu o escudo social despregado polo goberno do Estado fronte a unha “oposición frentista e negacionista que en ningún momento estivo ao carón do goberno. Agora, dixo, “están empeñados en dinamitar o Estado do Benestar a base de prometer baixadas de impostos”, cunha “curiosa competición de rebaixas fiscais para os ricos mentres recortan os servizos públicos”.

Lamentou que o presidente Rueda “entrara na propia roda da redución do imposto do Patrimonio ata o 50 por cento para devolverlle 30 millóns de euros aos máis ricos” e “defender os intereses dos poderosos e das clases máis privilexiadas”. Detrae uns recursos, dixo, cos que podería contratar máis de 500 médicos para que os galegos e galegas “non teñan que pasar pola lis

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28