Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso insta ao PP a apoiar a Lei do Xogo do PSdeG, ou “quedará claro que queren preservar os intereses das casas de apostas e non defender aos menores e colectivos vulnerables”

O líder dos socialistas galegos sinala que a Lei do PSdeG despraza as casas de apostas a case un quilómetro das escolas mentres o PP as deixa a só 300 metros

Reclámalle a Rueda “que se levante do sofá” para defender ao sector pesqueiro fronte á prohibición da pesca de fondo en 87 caladoiros

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, chamou hoxe ao PP a apoiar a proposición de Lei do Xogo que o Grupo Socialista defenderá mañá no Pleno do Parlamento. Formoso comparou este texto, consensuado cos afectados e centrado en protexer aos menores e colectivos sensibles, fronte ao anunciado pola Xunta a semana pasada, “vinculado aos intereses das casas de apostas”.

“Mañá tramítase a toma en consideración da nosa Proposición de Lei, e veremos cal é a postura do PP”, dixo, e engadiu, que “se non a apoia, aínda enriquecendo” con emendas durante o trámite parlamentario, quedará claro que a súa proposta preserva os intereses dos grupos de capital risco que xestionan as casas de apostas que “campan ás súas anchas polas cidades de toda Galicia”.

O responsable socialista explicou as diferenzas entre as dúas normas, por canto a do PSdeG despraza as casas de apostas a 850 metros dos colexios, unha distancia que o PP reduce a apenas 300 metros. Ademais, reclama a esixencia de DNI electrónico para a entrada dos locais e unha limitación de unha máquina de apostas por cada bar, que o PP quere duplicar.

Ademais, os socialistas reclaman a “prohibición absoluta” dos caixeiros automáticos no interior das casas de apostas, que o PP nin sequera contempla, co que “estanlle a dar unha arma a un enfermo ludópata para que poida empregala contra el mesmo”.

Formoso cualificou de “irresponsable” a proposta anunciada polo PP, que “prioriza os intereses das grandes compañías e das casas de apostas en detrimento do interese da maioría da sociedade galega, que quere que se protexa aos menores e os colexios” fronte a unha “grave ameaza nesas franxas de idade”. Un texto, o do goberno galego, que constitúe un “lavado de cara nun ámbito que leva sen regular dende 1986, cando hai casas de apostas online dende os anos 90”.

Rueda no sofá

Valentín González Formoso dirixiuse ademais ao presidente da Xunta para afearlle a súa pasividade na defensa da flota de arrastre galega ameazada polo peche de 87 caladoiros de Europa. Preguntou “onde está Rueda, que se levante do sofá e lle diga ao comisario europeo o que lle dixemos nós á cara” en Estrasburgo hai tres semanas.

Daquela, sinaloulle en persoa que o veto é “un ataque contra un sector estratéxico, e que debe ser unha medida consensuada co sector e baseada en informes científicos, e non en posicionamentos ideolóxicos claramente contrarios á pesca de Galicia”.

Amosouse ademais “convencido” de que o Goberno presentará un recurso contra a decisión da Comisión Europea, e reclamou que sexa presentado “en toda a súa extensión”. Neste sentido, chamou a “ir con tódalas consecuencias contra a actuación do comisario e reclamar unha medida cautelar de suspensión dun Regulamento que suporía a expulsión da flota galega dos 87 caladoiros de toda Europa”.

Respecto aos concellos

O líder dos socialistas galegos afeoulle ao presidente da Xunta a súa “falla de respecto institucional” ao intentar incluír na rolda de encontros cos alcaldes a representantes políticos da Xunta e do PP. Rexeitou estas “artimañas que non van ter rédito político e que embarran”, ademais de supor un “paso atrás no respecto institucional que nunca faltou en Galicia”, e reclamoulle que “volva á senda do respecto ás persoas que representan” ás grandes cidades.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13