Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso anuncia que a primeira medida que tomará cando sexa presidente da Xunta será recuperar os libros de texto gratis para o alumnado galego

O secretario xeral do PSdeG denuncia que o mesmo conselleiro que recorta 1.000 profesores/as e nega recursos ás ANPAs gasta os cartos en concertos e festas do Xacobeo

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou que a gratuidade dos libros de texto é unha medida “perfectamente asumible” que os socialistas se comprometen a levar a cabo como primeira medida de goberno cando cheguen á presidencia da Xunta. Do mesmo xeito denunciou que o conselleiro de Educación e Cultura é o que recorta en profesores para gastalo en concertos e festas do Xacobeo.

Formoso criticou os recortes en educación da Xunta nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia, acompañado por Carmen Fernández Morante, responsable de educación na executiva nacional do PSdeG, e por Noelia Otero, portavoz parlamentaria de educación.

O líder dos socialistas reclamou a volta á gratuidade dos libros de texto para as familias, sendo para el que a “insensible” decisión de Feijóo no ano 2009 de retirar esta medida do bipartito, ten agora consecuencias sobre o peto das familias coa inflación. Quixo destacar así a “hipocrisía” do expresidente da Xunta que pediu medidas similares a outras autonomías non gobernadas polo PP, agora que busca chegar á presidencia do Estado.

A medida de gratuidade dos libros é algo primordial para o secretario xeral socialista, polo que anunciou que, dado o momento de chegar á Xunta, devolver a gratuidade dos libros ás familias sería a primeira medida que levaría a cabo. Do mesmo xeito, xustificou esta decisión en que é “perfectamente asumible” para a administración pública, mentres que para cada unha destas familias significa un gran esforzo económico “no peor momento”.

Formoso tamén sinalou directamente ao conselleiro de Educación, Cultura e Universidade, Román Rodríguez, polos recortes en educación. Ao ter este conselleiro a dobre responsabilidade sobre a política educativa e cultural, o líder socialista denunciou que está a recortar en profesorado para gastar en concertos e festas do Xacobeo.

Para o responsable socialista o sistema educativo é para o PP un lugar de onde recortar para poder gastar en concertos durante todo o verán no Xacobeo. Lamentou que “sacrificamos profesorado por festas” en Galicia, sendo “a fotografía que resume a política do Conselleiro” de Educación.

Formoso fixo fincapé nas constantes queixas e dimisións dos equipos directivos dos institutos galegos tras recortes “curso tras curso” o que xera un gran nivel de “desmotivación” entre os profesionais. Só en educación infantil e primaria, segundo os datos publicados pola propia Xunta, cara o vindeiro curso se recortarán 59 unidades e case 100 postos de profesorado.

Amosou tamén a súa preocupación ante a posibilidade dunha xestión neglixente por parte da Xunta da nova lei educativa, que non aproveite os recursos extra que aportou o goberno central. Dende o Estado inverteron en transferencias 114 millóns de euros para FP en Galicia, 35 millóns para crear 3.400 prazas de educación entre 0 e 3 anos ou 113 millóns de euros no pasado curso para becas a 51.000 alumnos.

O líder socialista denunciou que, baixo a xestión da Xunta, a transferencia deses cartos tradúcese nos máis de 30.000 mozos e mozas que quedaron sen prazas públicas de formación profesional nas distintas especialidades.

RURAL

Formoso tamén se centrou na crise poboacional do rural galego, sendo esta a comunidade “con peor comportamento demográfico” do Estado segundo os datos do IGE. Exclamou que a resposta do goberno galego ante a perda de 130.000 persoas en poboación en Galicia dende que chegou Feijóo á Xunta é “seguir pechando colexios” ata un total de 138 en 14 anos.

Sinalou tamén que a solución para a crise demográfica pasa pola “permanencia de servizos públicos” no ámbito sanitario, educativo e do transporte público, non pola supresión dos mesmos no rural. Para Formoso, se non se aposta por garantir estes servizos nos que “se soporta a oferta de volta ao rural” podemos garantir a “morte do país” nunhas décadas por culpa da “visión raquítica e sen visión de futuro” da Xunta.

Denunciou que o argumento para suprimir servizos públicos “é que non hai xente no rural” cando para o socialista “todo o mundo sabe” que sen colexios, médicos nen autobuses, é imposible ir a vivir ao rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41