Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso denuncia o abandono do rural por parte da Xunta

O líder dos socialistas galegos reclama políticas de reactivación para recuperar á poboación que “comezou a marchar cando empezou a gobernar o PP”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, lanzou hoxe unha “mensaxe de alerta” pola crise demográfica de Galicia. Formoso asistiu á XXX Festa da Malla de Meira -Lugo-, onde sinalou ao abandono do rural por parte da Xunta como un dos factores determinantes para que Galicia teña sexa “a Comunidade Autónoma co peor comportamento demográfico”.

O responsable socialista visitou hoxe o “corazón de Galicia”, onde apostou por “facer unha revolución tranquila no mundo rural” que permita “ilusionar, moralizar e respectar á xente nova que queira vivir no rural”. Reclamou unha “mensaxe de futuro e esperanza” ao rural “entendéndoo e activando políticas de reactivación da actividade económica que permita que os pobos pequenos recuperen poboación”.

Urxiu a tomar medidas para recuperar “o talento e a xente nova que hai décadas que comezou a marchar, cando empezou a gobernar o PP”. Lembrou que esta etapa supuxo a perda de 150.000 habitantes para Galicia, “onde só nacen cada día 38 rapaces e rapazas”, en contraste con Irlanda, que nos anos 60 tiña a mesma poboación que Galicia e hoxe supera os 6 millóns fronte aos 2,7 desta Autonomía.

Un PP, dixo, que “só ve no rural un territorio no que sancionar”, en lugar de “aproveitar as potencialidades que atesora” o que é “un dos piares do futuro” dunha Galicia vencellada “á ciencia, á tecnoloxía, á industria, a cadea mar – industria e agroalimentaria”. Sinalou finalmente ao sector forestal, “un piar que está en perigo polo abandono demográfico que se evidencia en que cada ano hai máis lumes”

O responsable socialista asistiu hoxe á XXX edición da Festa da Malla, no concello lugués de Meira, xunto co alcalde da localidade, o socialista Antonio de Dios, o presidente da Deputación, José Tomé, o portavoz parlamentario, Luis Álvarez, e cargos públicos e orgánicos do PSdeG da provincia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08