Categorías: Secretaría Xeral

Formoso anticipa unha “oposición frontal e contundente” dos socialistas contra a “axenda oculta” de desmantelamento da sanidade pública por parte da Xunta

O secretario xeral do PSdeG acusa ao Sergas de querer crear un “Amazon Sanitario Galego” no que prime a “precariedade laboral”, o “beneficio privado” e a “falla de contacto co cliente

Advirte que Ayuso volve a “marcar a axenda do deterioro sanitario en Galicia”, como xa fixo coa rebaixa fiscal aos millonarios

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anticipou hoxe unha “oposición frontal e contundente” do seu partido fronte a “axenda oculta de desmantelamento de sistema sanitario galego que ten o PP na Xunta, aos que acusa de querer facer do Sergas un “Amazon Sanitario Galego”, onde prime a “precariedade laboral, sen contacto co cliente e facer negocio”

O líder dos socialistas galegos subliñou a súa “profunda preocupación” polo “deterioro e desmantelamento” do sistema sanitario galego que está a realizar o PP, especialmente tras algunhas decisións adoptadas e outras anunciadas do Sergas que foron denunciadas dende o Colexio de Médicos de Galicia xa que atacan á sanidade pública e poderían ser incluso ilegais.

Asegurou que o goberno da Xunta ten “unha axenda oculta” de privatización do Servizo Galego de Saúde que leva a situacións límite como os PACs onde non hai médicos, pediatras ou persoal de enfermaría, como no caso da área sanitaria do Salnés.

Formoso resaltou que o PSdeG sempre estivo do lado dos profesionais e pacientes para defender a sanidade pública, que é “unha bandeira” do seu partido, polo que loitarán “frontalmente” para defender os dereitos dos sanitarios e o da cidadanía a unha atención sanitaria de calidade.

Confirmou que reunirán ao seu comité de expertos en sanidade para valorar distintas medidas alternativas, así como que se incorporarán ao grupo xuristas, xa que estudiarán se as accións da Xunta teñen merecen de responsabilidade xurídicas como así indica o Colexio de Médicos de Galicia.

O secretario xeral dos socialistas asegurou que a Xunta quere implantar o modelo laboral da multinacional Amazon que se caracteriza por estar afastado das persoas que reciben o servizo, xa sexa cliente ou, neste caso, paciente, pola desmorarización das plantillas pola alta precariedade laboral dos seus traballadores, e por primar o beneficio por riba de todo.

A comparativa foi afondada por Formoso ao sinalar que “moitas enfermeiras e enfermeiros do sistema galego teñen menos estabilidade laboral que un mozo de almacén de Amazon”, respecto ao afastamento dos pacientes, claramente referenciou ao sistema de teleasistencia do Sergas, e as derivacións das operacións “máis rendibles á privada” como modo de primar o beneficio empresarial.

Esta situación ven acompañada de “medidas rocambolescas” dende a dirección do Sergas e a Consellería de Sanidade galega, entre as cales Formoso enumerou a atención telefónica con entre 11 e 25 días de lista de espera, así como o intento de “que un pediatra atenda a un neno a través dunha tablet”, aínda que deron marcha atrás trala mobilización social do domingo pasado.

O goberno galego mostra unha clara debilidade para o representante socialista ao seguir o rumbo que marca Ayuso, que ten máis capacidade de decisión sobre as políticas da Xunta que o propio Rueda, como xa se puido ver trala bonificación patrimonial aos millonarios que copiou de Madrid.

MIR: CORTINA DE FUME

Respecto á petición de máis prazas MIR para Galicia do Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, Formoso recordou que o goberno de Pedro Sánchez aumentou nun 30% as prazas ofertadas, así como que o responsable da Xunta está poñendo o foco intencionadamente nunha polémica que non é tal, xa que os profesionais deciden irse a outras comunidades ou autonomías unha vez finalizado o proceso de formación polas condicións laborais de Galicia.

ESFORZO” COA REBAIXA DOS PEAXES


O líder dos socialistas galegos, a preguntas dos xornalistas, tamén aludiu ao incremento das peaxes da autoestrada AP-9 ao esixirlle á concesionaria “que sexa sensible á situación das familias galegas” derivado do incremento dos custes da vida. Neste sentido, avanzou que dende o PSdeG solicitará unha reunión coa firma concesionaria para ter interlocución directa e demandar que a actualización de tarifas se faga “de forma razoable”.

Engadiu Formoso que iso era o que tiña que estar facendo o presidente da Xunta, “afrontar este reto dándolle a cara aos problemas” e non dedicarse a botar balóns fóra ou a confrontar sistematicamente co goberno de España. Dixo tamén que Rueda “ten que saber que a concesión da Autoestrada do Atlántico dura 40 anos máis” porque así o autorizou o goberno de Aznar, así o permitiu o Partido Popular do que Alfonso Rueda é militante.


Tamén puxo en valor el secretario xeral do PSdeG o “esforzo enorme” que está facendo o goberno de Pedro Sánchez para garantir a mobilidade a prezos xustos, tanto coa gratutidade dos traxectos ferroviarios de media distancia como coas importantes bonificacións das peaxes das autoestradas, medidas que nunca foi tomada polo PP e que teñen un custe anual que ronda os 60 millóns de euros.


“Hai hai un esforzo enorme que Rueda oculta”, dixo Formoso en alusión ás rebaixas que se aplican nas peaxes, e apuntou que a Xunta tiña que estar a traballar tamén nesa dirección, abordando e solucionando os problemas, “e non contribu
índo a engordalos mediaticamente”, como asegura que fai o presidente da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18