Categorías: Actualidade

Julio Torrado advirte que o plan da Xunta de suplir aos médicos con enfermeiras supón “un problema legal, xurídico, asistencial e competencial”

Acusa á Xunta de renunciar ás competencias en sanidade para “botarlle a culpa a outros” da falla de médicos que eles provocaron cos seus recortes

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou hoxe que o plan da Xunta de que as enfermeiras suplan aos médicos nos PACs supón un “problema legal, xurídico, asistencial e competencial”. Presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade para reclamarlle á Xunta que reformule o sistema de atención primaria mellorando as condicións laborais e incrementando as competencias e as categorías profesionais.

Torrado acusou ao PP e ao goberno galego de “buscar a confrontación” porque prefiren “provocar un debate electoralista” no canto de resolver a situación de falla de profesionais e recortes na sanidade pública. Lamentou o “regate corto” e a busca de “escusas” do goberno galego para “asumir o problema” e así “construír un sistema moito máis pobre do que tiñamos”.

O responsable socialista aludiu ao recente anuncio dos responsables de sanidade do goberno galego de implantar cursillos para que as profesionais de enfermaría poidan suplir aos médicos nos PAC comezando pola área sanitaria de Pontevedra – O Salnés. Ironizou sinalando que “pretenden que a xente entre polo Centro de Saúde e teñan un gancho cun fonendo e unha estantería cun manual de medicina” para tratarse a si mesmos pola falla de recursos do goberno galego.

Criticou a recente escalada de propostas do goberno galego, “encerrado no seu propio labirinto”, que os levou a “intentar que os médicos sexan substituídos por MIR sen titorización nos PAC”, para a continuación anunciar que ían retirar aos pediatras dos Centros de Saúde. Agora intentan que as enfermeiras substitúan aos médicos logo de anos negándolles as competencias que tiñan outorgadas por Real Decreto, mentres teñen un plan de videoconferencia “gardado”.

Torrado criticou que o goberno galego teña “renunciado ás competencias autonómicas en Sanidade”, mentres “deixan á sanidade tirada, a ver se son quen de colgarlle a culpa ao goberno do Estado” cando “o que teñen e que son cicateiros” cos profesionais sanitarios. Lembrou que o goberno central impulsou a estabilización de máis de 60.000 profesionais sanitarios contra a que no PP “bramaron”, logo de facer as 5 convocatorias MIR consecutivas “máis altas da historia”.

Tormenta perfecta

Acusou ao goberno galego de ter provocado a “tormenta perfecta” na sanidade galega, cando Galicia é a segunda Comunidade Autónoma que menos inviste en atención primaria só por diante de Madrid. Lembrou que foi o PP quen provocou os recortes que “dinamitaron o sistema” cando sabían dende os anos 80 que se achegaban “xubilacións masivas”, e explicou que a falla de médicos é xeneralizada porque “tódalas comunidades autónomas sofren os seus recortes”.

Explicou que os gobernos de Rajoy impediron repoñer aos profesionais cunha taxa de reposición do 0 por cento, que agora ascendeu ao 120 por cento co goberno do PSOE, que permite contratar 12 veces máis. Naqueles anos, lembrou, limitaron os MIR sempre por debaixo das 200 prazas ao ano, ao que o goberno galego respondeu renunciando a completar nun 20 por cento, deixando sen formar máis de 150 profesionais porque “non os vían necesarios”.

Puxo como exemplo a falla das 64 prazas de MIR que a Xunta di que solicitaron para 2022 e que non van convocar ata 2023 da que responsabilizan ao goberno central cando en realidade é que “solicitaron as prazas vía carta, a menos de 2 meses dun exame convocado 6 meses antes e ademais sen ter as prazas habilitadas”.

Prazas baleiras

Sinalou que “o problema está nos profesionais que vostedes votaron fora, nos que recortaron” e nas prazas baleiras de Atención Primaria en Galicia que “marchan” porque a Xunta impón condicións laborais “miserables”. Explicou que hoxe licéncianse 8.000 profesionais de medicina ao ano, o que permitiría suplir aos 80.000 médicos que se van xubilar nos próximos 10 anos se o goberno galego estivera máis preocupado de mellorar as condicións que de culpar ao goberno.

Torrado urxiu ao goberno galego a “represtixiar” á atención primaria para evitar a falla de profesionais dotando de “medios, recursos e capacitacións” e aumentando as categorías médicas na especialidade. Propuxo aumentar a contratación de fisioterapeutas, incorporar aos podólogos ao sistema, incorporar “de forma real” a saúde mental e contratar administrativos que permitan liberar aos médicos dun traballo que lles ocupa o 30 por cento da xornada.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18