Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortadaSecretaría Xeral

Formoso alerta que a proposta do novo PP de Feijoo paralizaría a revalorización das pensións de 770.000 galegos e galegas

O secretario xeral do PSdeG preside a reunión da Interparlamentaria e pídelle a deputados e senadores que exerzan unha acción política propositiva

Formoso confía en que a chegada de Rueda á presidencia da Xunta permita abrir unha vía de diálogo ante a peor crise dos últimos anos

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, alertou hoxe durante a xuntanza da Interparlamentaria do PSdeG contra a proposta do PP de Feijoo de aplicar a cláusula que impediría a revalorización das pensións. Advertiu que esta medida, de levarse a cabo, suporía o empobrecemento de 770.000 galegos e galegas.

Contra ese PP”, proclamou Formoso, “temos que facer moita socialdemocracia e moita pedagoxía nun momento perigoso para as cuestións vencelladas ao sistema de benestar”.

Nesta liña, lembrou que a proposta que agora recupera Feijoo é a mesma que se levou a cabo mentres gobernaba Mariano Rajoy e que o PSOE foi quen de anular dende o goberno de España a través de un acordo cos sindicatos, os empresarios e con outras formacións políticas que convalidaron esa reforma do sistema de pensións co voto en contra do PP de Feijoo.

Esa cláusula para frear a revalorización das pensións que agora quere recuperar Feijoo implicaría que os pensionista galegos se empobrezan nunha medida dun 20 por cento. Por iso, “contra ese tipo de medidas”, Formoso fixo un chamamento a facer unha política ilusionante, dinámica e comprometida cos alicerces do benestar en España e en Galicia.

Como exemplo desas actitudes “perigosas” do PP, o secretario xeral do PSdeG tamén amosou a súa “franca preocupación” por feitos como que o PP, por orde de Feijoo, votase no Senado “en contra de que as mulleres neste país puidesen exercer libremente o seu dereito a abortar nas clínicas autorizadas para iso”.

Por iso, fronte a este modelo, Formoso apostou por unha estratexia política onde claramente exerzamos accións propositivas nos diferentes ámbitos”, xa que somos conscientes de que “neste proxecto non so imos sinalar os problemas senón tamén achegar solucións”.

Nesta liña, puxo en valor propostas como o decálogo de medidas presentado no Parlamento galego ante a situación de crise económica vinculada á guerra de Ucraína. Tamén lembrou a proposición de lei reguladora do xogo en Galicia, que está sen actualizar dende o ano 85, ou o pacto polas enerxías renovables cos sectores afectados.

Fomos quen”, resumiu, “de sermos propositivos nun país que precisa de formacións claramente propositivas e que estean dispostas a arremangarse polo seu país”.

ALFONSO RUEDA

A preguntas dos medios de comunicación, Valentín González Formoso tamén se referiu ao proceso de relevo á fronte da Xunta de Galicia. Así, amosou a súa confianza en ter “máis interlocución con Rueda que con Feijoo”.

Estou convencido de que así será”, indicou, “porque se no peor momento para Galicia nos últimos 30 anos -con sectores asoballados pola carestía dos prezos dos combustibles e con empresas tractoras paralizadas polo prezo da enerxía- o goberno non se xunta coas forzas políticas de Galicia a verdade é que eu non vou insistir máis e deixarémolo á súa decisión”.

Contrastou esta actitude coa mantida por Pedro Sánchez, que recibiu a Feijoo tres días despois de ser elixido novo líder do PP nacional, e insistiu en que, neste escenario, “a cidadanía galega merece dirixentes que estean á altura das circunstancias”.

Nesta liña, Formoso advertiu que “o diálogo non se pode substituír por roldas de prensa”. “O intercambio de opinións e o enriquecemento das nosas posicións políticas”, engadiu, “non se pode substituír co desprezo a unha formación política que representa ao 62 por cento da poboación galega, que goberna en case todas as grandes cidades, en 111 concellos, que ostenta mil concellerías e que goberna en tres das catro deputacións provinciais deste país que se chama Galicia”.

ATENCIÓN PRIMARIA

Por outra banda, Formoso tamén considerou “un bo comezo” que Alberto Núñez Feijoo recoñeza xa a mala xestión realizada na Atención Primaria galega e que “deixe de poñerlle deberes ao goberno do Estado nese ámbito”. Ao fío disto, pediu que o PP polo menos acepte a proposta que fixo o PSdeG para reducir a un máximo de dous días a espera para poder acceder a unha consulta en Atención Primaria, tal e como se reivindicou no Parlamento galego.

Sabemos que non hai variñas máxicas no ámbito sanitario”, sinalou o líder dos socialistas galegos, “pero si que se poden facer esforzos e non pasa nada por recoñecer que as propostas positivas chegan dende outra formación política”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00