Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Formoso esíxelle ao PP “cortar de raíz” a proposta para paralizar a revalorización das pensións

Alerta de que “significaría atentar contra 700.000 pensionistas galegos que en 10 anos perderían entre o 20 e o 25 por cento das súas pensións”

O líder dos socialistas galegos visita Arousa xunto co portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez, e o secretario xeral do PSdeG de Pontevedra, David Regades

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, dirixiuse hoxe a Feijóo e ao PP galego para que “corten de raíz” o informe dos expertos que asesoran ao actual presidente do PP que propón “volver paralizar as revalorizacións do sistema público de pensións”. Así o dixo durante a visita a Arousa acompañado polo portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez.

O líder dos socialistas galegos alertou de que volver a desligar as pensións do índice do prezo da vida “significaría atentar contra un colectivo que en Galicia sumou 700.000 persoas”. Con esta proposta o PP provocará que en 10 anos perdan entre o 20 e o 25 por cento das pensións dun sector que “o que necesitan é tranquilidade e a protección do sistema”.

Advertiu de que “non pode outra vez o PP insistir nunha medida” como é “apostar pola infravaloración do sistema público de pensións tamén aquí en Galicia” e que lles levou a “perder as eleccións xerais” nesta Comunidade Autónoma. Sinalou que esta proposta “preocupa enormemente” aos socialistas galegos polo que supón de agresión a un amplo sector “a protexer” pola sociedade galega.

O portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez, tildou esta proposta de “ocorrencia” e que, dixo, demostra que “a oposición liderada por Feijóo non está á altura das circunstancias e carece de sentido de Estado”. Apelou ao PP a “entrar na senda da cordura e abandone a liña de recortes, axustes a maltrato ao conxunto da cidadanía” porque “non pode ser que os máis vulnerables paguen sempre as situacións adversas”.

Reivindicou “cordura e continuidade ao proxecto que está liderando o goberno de España e que avalan o FMI e os organismos internacionais para o impulso da actividade económica e da protección social”.

Explicou que na visita de hoxe ten recibido de primeira man por parte de Valentín González Formoso as “singularidades e os aspectos importantes cos que se debe de comprometer o goberno de España para impulsar este territorio e seguir avanzando”.

Arousa

Os dous responsables socialistas visitaron hoxe Arousa xunto co secretario provincial do PSdeG, David Regades. Pola mañá visitaron o proxecto Clean Energy for EU Islands, que se está a desenvolver no Porto de Xufre, en A Illa de Arousa, logo de encontrarse co alcalde, Carlos Iglesias, e pola tarde manterán un encontro co alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela.

Formoso explicou que a iniciativa de A Illa representa unha mostra da incorporación de novas fórmulas enerxéticas que permitan “desfrutar dunha enerxía que non emita, que supoña a redución de custes e que supón garantía de subministro aos veciños e veciñas de A Illa e dos usuarios dos servizos portuarios”.

Chamou a “subirse ao carro do futuro, que significa apostar pola transición enerxética, apostar polo planeta, en liña coa UE dentro dos máis importantes vectores da estratexia comunitaria para os próximos 30 anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23