Categorías: Actualidade

14 millóns de euros menos nos orzamentos para Turismo

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, alertou da redución de 14 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galicia dende a chegada de Feijóo ao goberno galego. Na comparecencia do conselleiro de Cultura e Turismo, hoxe no Parlamento, advertiu que o goberno galego reduciu un 19 por cento as partidas nesta materia ata os 64 millóns de euros previstos para 2019.

Pérez Seco reivindicou uns orzamentos que “aposten polo desenvolvemento do turismo baseado na calidade, a diferenciación e a sustentabilidade, algo moi difícil de acadar con estes orzamentos” debido, dixo, á “falla de compromiso político e á ausencia dunha orientación estratéxica do turismo”. Advertiu que co horizonte do próximo Xacobeo 2021 “os orzamentos dunha área que debera resultar central e relevante son en realidade moi cativos e moi inferiores ao esperado”.

Reclamoulle ao goberno galego un esforzo na “modernización e adaptación do sector na era da globalización, da economía 4.0 cos avances tecnolóxicos e a evolución do turismo e do turista, non só de cara ao próximo Xacobeo, senón do turismo dunha forma xeral”. Instou á Xunta a acadar un “novo modelo de desenvolvemento económico no sector do turismo, máis estable a medio e longo prazo e con capacidade para xerar emprego de calidade”.

Os socialistas galegos solicitaron unha “aposta por iniciativas e proxectos sustentables, que potencien a mobilidade e a accesibilidade dos espazos turísticos coa preparación das infraestruturas e servizos de transporte” coa mirada posta no próximo Xacobeo. Así, alertou da falla de “máis e mellores conexións internacionais” nos aeroportos galegos, logo de coñecer a perda de 9 rutas internacionais na nova temporada aérea de verán.

Pérez Seco pediu “maior coordinación turística dos aeroportos” de cara a captar ao turismo internacional, así como empregar aos camiños de Santiago “como dinamizadores do país”, e convertelos no “espello que queremos dar ao exterior”.

O responsable socialista instou á Xunta a elaborar a súa estratexia partindo do “diálogo con tódolos actores implicados”, atendendo ás aportacións de “cada unha das patas que o integran”. Esixiu maior esforzo no coidado dos recursos turísticos de Galicia, mentres o goberno galego centraliza todo o seu esforzo na publicidade e propaganda, co que “a cantidade de turistas diminuíu un 6,8 por cento en comparación con 2017 e coa suba do 1 por cento a nivel estatal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28