Categorías: Actualidade

Feijóo debe clarificar a súa continuidade como presidente da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, urxiu hoxe a Feijóo a clarificar “con rapidez” se vai continuar como presidente da Xunta logo de comezar a carreira sucesoria no PP. Na sesión de control ao presidente da Xunta, sinalou que “non se pode ser ao mesmo tempo militante de Galicia e querer ser o máximo militante do PP”.

Advertiu do risco de “ter aquí un pato coxo”, como se denomina en Ciencia Política aos presidentes que non van renovar a súa candidatura, e do efecto que poida ter a súa virtual candidatura sobre a acción do goberno. Explicou graficamente que esta situación suporía pedirlle respaldo aos militantes do PP “de Madrid ou Valencia” cando “discrepamos nos intereses en materia de financiamento ou nas prioridades das infraestruturas”.

Neste sentido, apuntou que a cidadanía de Galicia “pregúntase quen vai ser o presidente da Xunta no próximo período de sesións, ou se vostede –ironizou- cantará con Marta Sánchez el que sigue aquí soy yo”.

Firewall

Leiceaga reclamoulle ademais ao presidente da Xunta que estableza un firewall ou muro de seguridade entre as prácticas corruptas do PP e o goberno de Galicia. Neste sentido lembrou as declaracións de Bárcenas e Crespo apuntando a que o partido tamén tiña unha caixa b en Galicia “funcionando cando menos ate 2006”, e dixo que “non abonda con pedir perdón, cumpre asumir responsabilidades políticas e corrixir esas prácticas.

Dirixiuse a Feijóo para reclamarlle se no caso de Rajoy el optaría por asumir as ditas responsabilidades políticas e se continúa defendendo o que dixo en 2015 de que “o que nos interesa é o pronunciamento da Xustiza, porque é inapelable”. Instou a “poñer final ao tempo político da corrupción e da impunidade e impulsar a exemplaridade pública” para “recuperar a confianza nas institucións”.

O responsable socialista lembrou que a sentenza da Gürtel que pon en cuestión a veracidade e credibilidade do anterior presidente do Goberno e sinala ao PP como “responsable a título lucrativo” porque os feitos daquela non estaban tipificados no Código Penal.

Tamén confirma un “sistema de corrupción institucionalizado entre o Grupo Correa e un grupo de membros do PP nas institucións e no partido con múltiples ramificacións en gobernos locais e autonómicos”. A sentenza confirma a caixa B do PP “cando menos dende 1989” da que se derivaban sobresoldos “regularmente” para altos cargos “nutríndose de achegas empresariais de procedencia ilícita con marcado carácter finalista”.

Medidas

Fernández Leiceaga propúxolle ao presidente da Xunta que reactive a Comisión de Estudo para a prevención e erradicación da corrupción “pechada en falso” e retome as propostas socialistas rexeitadas polo PP. Reclamou así a apertura dunha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, a regulación dos lobbies, ou a protección dos denunciantes internos da Administración.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24