Categorías: Actualidade

Feijóo anuncia un acordo cos sindicatos médicos sen dotación orzamentaria, compromisos nin datas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter anunciado un acordo “sen dotación orzamentaria” cos sindicatos médicos para desconvocar a folga anunciada na véspera do período electoral. Así o dixo no debate dunha moción presentada polo Grupo Socialista para recuperar a calidade asistencial na Atención Primaria e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista saudou que o presidente da Xunta recoñecera esta mañá a “mala planificación” na política sanitaria, e engadiu que “agora toca saber como resolvemos” a situación que ten deixado un Feijóo ao que tildou de “funambulista” no “circo” do PP. Advertiu que “hoxe dixo que se asinou un acordo –cos sindicatos de médicos-, pero cartos non”, co que o anuncio non inclúe “nin compromisos nin datas”.

Ironizou co esforzo feito pola Xunta por acadar este compromiso “a ver se conseguen que non protesten moito antes das eleccións” con compromisos sen concretar e “defender a política sanitaria aplaudindo e agarrándose como a un cravo ardendo” a “aqueles aos que lles dixeron que ían ás manifestacións porque lles daban buses e bocadillos”. Aludiu así ás declaracións do portavoz de Sanidade do Grupo Popular nas anteriores mobilizacións da sanidade.

O recoñecemento da “mala planificación” do goberno galego constitúe, sinalou Torrado, “o último capítulo da telenovela” protagonizada polo goberno galego que antes estivo “dúas semanas reclamando dedicar o superávit á sanidade para que cando chegue o decreto ao Congreso voten en contra”. Advertiu que Feijóo “pasou de ser reivindicativo como o Che Guevara a ser Benny Hill” cando chegou o decreto e “o superávit deixou de ser o problema”.

MIR

O parlamentario socialista responsabilizou ao presidente da Xunta de ter perdido un total de 150 prazas de MIR para Galicia ao renunciar a pedir novos profesionais durante os seus 10 anos de goberno. Criticou que “agora, cando piden unha convocatoria extraordinaria están pedindo o 20 por cento das prazas MIR, a única diferenza é que na última década gobernou o PP e agora acordaron” elevar a petición.

Lembrou que o goberno non pode autorizar novas prazas mentres a Xunta non as teña acreditado con destino e profesionais formadores “igual que non se poden dar novas entradas para un teatro mentres non haxa cadeiras habilitadas”.

Advertiu que “o problema é que son cicateros en materia de persoal” ata o punto de que en dez anos suprimiron 1.249 prazas de profesionais e “non moveron unha coma, e o que ocorreu fatalmente o verán pasado pode volver ocorrer”. Lembrou así o falecemento dun paciente nas portas do PAC da Estrada sen asistencia porque o único médico dispoñible estaba atendendo unha emerxencia no exterior.

Proposta

Os socialistas propuxeron hoxe fixar un tope máximo de pacientes por médico ou médica, ata 30 ao día, o que permitiría dedicarlle 10 minutos por paciente na atención primaria. Tamén reclaman habilitar un catálogo de probas diagnósticas para os profesionais da Atención Primaria, como xa fan outras autonomías como Andalucía, salvando así a consulta especializada intermedia que demora a atención aos pacientes.

Tamén solicita recuperar as xerencias de Atención Primaria que o PP suprimiu en 2012 nunha decisión que agora recoñecen como un erro, así como un novo contrato dun mínimo de dous anos, con “maior solidez” do que está a ofrecer a Consellería, de un ano prorrogable.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24