Categorías: Actualidade

A Xunta omite as súas competencias en política industrial

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, comparou hoxe a xestión da política industrial por parte da Xunta cun “grupo de animadores americano: moito mover as cintas, pero quen ten que correr e suar son outros”. Así o dixo na comparecencia no Parlamento do conselleiro de Industria, a quen lle reprochou que “se dedicara a dar un mitin electoral” contra o goberno de Pedro Sánchez “esquecendo que o goberno galego ten competencias propias en materia de política industrial”.

O responsable socialista criticou a “catadura moral” do presidente da Xunta diante da situación de Alcoa e Ferroatlántica, ao amparar a estratexia de “chantaxe sistemático aos poderes públicos por parte dos empresarios e das empresas”. Aludiu neste sentido ás declaracións de Feijóo sinalando que a planta de San Cibrao “non ten futuro” sen unha baixada do prezo da luz en plena busca de compradores para a empresa.

Losada considera unha “mágoa que non o dixera durante os gobernos de Rajoy”, nos que “estiveron negociando bilateralmente cada dous anos coas empresas e ían arranxando” ao igual, dixo, que “ven facendo o PP con Villar Mir e as súas empresas dende 1975”, en alusión ao propietario de Ferroatlántica. Logo das críticas á situación de Ence, advertiu que o PP pedía en xuño de 2010, a través dunha emenda, o seu “traslado fora da ría no prazo máis breve posible, en calquera caso antes de 2018”.

O responsable socialista acusou ao conselleiro de “disparar con pólvora do Rei” para criticar ao goberno de España logo de 8 anos “calados” cos gobernos de Mariano Rajoy. Criticou así que no caso de Poligal se limiten a situarse “ao lado dos traballadores e as traballadoras” pero esquecendo que a Xunta de Galicia é “comprometida, pero tamén competente” de acordo co Estatuto de Autonomía.

Política industrial

Abel Losada sinalou que o programa electoral do PP fai “cero” alusións ao estatuto das electrointensivas, o mesmo que lle dedica, lamentou, á política industrial no seu conxunto, un “indicador da preocupación profunda –ironizou- do PP” co sector. O mesmo, dixo, que mentres anuncia en Galicia un novo programa Reemprende para 2019, acaban de sacar unha encomenda de xestión para que Tragsatec avalíe os expedientes da convocatoria de 2017.

Criticou ademais a falla de solvencia das referencias estatísticas do presidente da Xunta, ao que acusou de “mentir” ao presumir da creación de 19.200 empregos industriais dende 2009. A realidade, dixo Losada, é que de acordo coa EPA neste período perdéronse 21.000 postos de traballo, que foron 17.168 de acordo coa Seguridade Social e 20.000 segundo a Enquisa de Actividade Industrial.

Losada sinalou a falla de execución das partidas do goberno galego para a industria, deixando sen gastar 320 millóns de euros e cando en decembro de 2018 facían unha modificación orzamentaria para detraer da Consellería un total de 122 millóns de euros. Apuntou que a Axencia Galega de Innovación só gastou 2 de cada 3 euros orzamentados, mentres o Igape ten unha taxa de execución do 47,4 por cento, o Inega do 50 por cento e os programas de formación e emprego só o 56 por cento.

Si que gastaron, en cambio, máis de 5 millóns de euros en campañas de publicidade en menos de un ano, sumando unha campaña de 1,9 millóns de euros asinada en maio de 2018, 3,95 millóns para unha campaña publicitaria sobre transformación dixital asinada en febreiro deste ano e 300.000 euros de convenios de colaboración en outubro de 2018.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13