Categorías: Actualidade

Falla de recursos nas confrarías para contratar vixilancia fronte os furtivos

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á Xunta que axilice os pagos ás confrarías para dotalas de liquidez suficiente que lles permita contratar vixilancia contra os furtivos. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para pedir o respaldo do goberno galego á Confraría de Lira, que se enfronta sen recursos propios á actuación dos furtivos na Reserva dos Miñarzos.

A responsable socialista sinala que esta Confraría, como outras moitas en Galicia, “non ten recursos para facer fronte á vixilancia, e a vixilancia por parte da Xunta é insuficiente, co que os furtivos adquiren máis poder fronte aos profesionais”. Advirte de que as subvencións para a contratación de persoal obriga ás confrarías a adiantar uns recursos dos que carecen, e ademais “sen garantía ante o compromiso de recursos financeiros” futuros.

Sinalou que os pósitos “carecen ademais de capacidade financeira para adecuarse ás tramitacións” que requiren as axudas da UE, que ademais “son con carácter vencido”, obrigando a adiantar os salarios e cotizacións á Seguridade Social mentres a Xunta resolve. Esta situación aboca ás entidades a impoñer EREs como ten sucedido en Rianxo ou Carril, logo de coñecer que non disporán desta axudas no futuro.

Puxo tamén como exemplo o caso de Lira, onde hai “unha enorme preocupación en relación co furtivismo, cando a situación, logo de mellorar, ten empeorado, polo que os profesionais senten unha enorme impotencia e abandonados”.

Toja chamou ao goberno galego a aceptar as propostas do Grupo Socialista dirixidas a axilizar os pagos ás confrarías “que permiten contratar vixilancia”, ademais de “afondar nas políticas de sancións aos infractores e á rede de beneficiarios do furtivismo”. Tamén reclamoulles maior interese nas “campañas de concienciación” fronte ao consumo de produtos que proceden do furtivismo, unhas medidas “sinxelas e eficaces, pero que nunca foron apoiadas polo PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28