Categorías: Actualidade

Escandaloso abandono das políticas da Xunta para erradicación da infravivenda

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, alertou de que “o grao de abandono –da política de vivenda por parte da Xunta- é tal que está pasando de preocupante a escandaloso”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamar o impulso dos orzamentos para erradicación da infravivenda que foi debatida hoxe no Pleno do Parlamento e que será votada mañá mércores.

A responsable socialista criticou a redución das partidas do goberno galego para erradicación da infravivenda a través do Plan Rehavita, que no mellor dos casos só chegarían a 4 euros para cada unha das 47.400 vivendas que non reúnen as condicións mínimas para vivir. Pierres sinalou que aquel Plan, ademais de estar limitado a concellos de menos de 10.000 habitantes, pasou de 500.000 euros en 2017 a tan só 200.000 en 2019.

Censurou un “programa máis de lavado de cara” que supón un máis dos “fracasos e dimensións perdidas no camiño do goberno presidido por Feijóo en materia de vivenda”, con apenas 34 actuacións en tres anos para só 19 concellos. Advertiu que hoxe en día hai en torno a 149.000 galegos e galegas, o 5,5 por cento da poboación, que residen nunha vivenda inadecuada, de acordo co informe sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia da Fundación Foessa.

Estes “milleiros de galegos e galegas –dixo- habitan vivendas con instalacións, cerramentos ou estruturas precarias, sen calefacción, sen electrodomésticos, sen illamento ou fiestras que eviten as pontes térmicas ou sen impermeabilizacións eficaces”. Trátase de vivendas que non reúnen as condicións mínimas para vivir, sofren de deficiencias graves na construción ou están en estado de ruína, e mesmo carecen de subministros e dotacións de hixiene e salubridade adecuados.

Iniciativa

María Pierres presentou así unha proposición non de Lei para reclamar o impulso e reforzo da partida para o programa de axudas para erradicación das infravivendas do Plan Rehavita, “facéndoo extensivo e accesible a tódolos concellos de Galicia, favorecendo a mellora das condicións básicas de habitabilidade de a lo menos 300 fogares ao ano”.

Tamén reclamou “traballar por mellorar os mecanismos de detección dos casos de infravivenda, co fin de dotar aos concellos dunha ferramenta que lles permita planificar mellor as súas políticas de vivenda e o destino das axudas de carácter autonómico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57