Categorías: Actualidade

Deterioro na sanidade da Mariña pola incompetencia da Xunta

A deputada socialista da Mariña, Patricia Otero, sinalou hoxe á “incompetencia e abandono” na xestión do goberno galego como única causa do deterioro progresivo da calidade asistencial na Atención Primaria e Pediátrica en toda A Mariña. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a falla de persoal e carencias materiais nos centros de toda a comarca.

Otero levou ao Parlamento as protestas de cidadáns, profesionais da sanidade e colectivos diante da falla de cobertura dende o goberno galego, que renuncia a cubrir vacantes e baixas e a reparar as carencias estruturais dos edificios dedicados á atención sanitaria. Así, apuntou ás 2nefastas condicións laborais e o “mangoneo e desatención” nos centros sanitarios de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, sen pediatra ata o punto de incumprir os calendarios de vacinas.

A xornada reducida imposta ao pediatra de Foz –continuou- provocou colapsos tamén nas localidades veciñas de Alfoz e Valadouro, mentres Viveiro, O Vicedo e Ourol comparten un só pediatra para 2.000 rapaces e rapazas. O PAC de Viveiro non está a cubrir as baixas de persoal, provocando esperas de máis de 10 días porque hoxe hai 4 médicos menos, entre eles un pediatra, nun inmoble con evidentes problemas estruturais.

O Sergas tamén renunciou a cubrir o médico e o PSX vacantes dende abril de 2018 na Pontenova, mentres as 6 enfermeiras do Centro de Saúde de Burela non son substituídas nas vacacións nin nas baixas, chegando a verse tan só con 3 enfermeiras. No PAC de Burela só hai dúas consultas para médicos e 1 para enfermería, nunha localidade que ten que atender ademais aos nenos e nenas de Xove logo de que o Sergas negara a substitución do pediatra.

Otero lembroulle acusou ao conselleiro de Sanidade de tratar aos galegos e galegas “como números, e non persoas con problemas de saúde”, e pediulle que atenda tamén aos alcaldes do PP de Barreiros e Mondoñedo, que coincidiron en reclamar a cobertura da vacante de pediatría.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24