Categorías: Actualidade

Manipulación informativa: A CRTVG disfraza e tapa a realidade das protestas polos recortes na Sanidade

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, denunciou a “manipulación informativa” na CRTVG para “disfrazas e tapar a realidade das protestas polos recortes na sanidade pública en Galicia. Así o dixo nunha pregunta oral presentada na Comisión que se celebrou hoxe, e na que criticou o tratamento desigual das manifestacións pola sanidade e da Praza de Colón, celebradas as dúas o pasado 10 de febreiro.

Blanco acusou ao ente público por erixirse en “correa de transmisión para intentar tapar a realidade cunha gran bandeira” dedicándolle apenas 3,39 minutos á información das protestas en defensa da sanidade pública no mesmo informativo no que lle dedicaran 16,26 minutos á concentración de Madrid. Sinalou que a diferenza foi que os galegos concentrados na Quintana defendían un servizo público e na de Colón estaba presente o presidente da Xunta.

A televisión pública de Galicia decidiu, dixo, ofrecer tan só imaxes pequenas da protesta en Santiago de Compostela, fronte aos planos aéreos de Madrid, na que o presidente da Xunta “en lugar de ser a voz do pobo galego foi a Vox do que ocorría en Colón”. Aludiu así ao abrazo entre o PP e o partido da extrema dereita, co que compartiron cartel en Madrid, malia que a televisión autonómica “curiosamente en ningún momento utilizou a palabra ultradereita”.

Criticou a estratexia de silenciar a situación límite da sanidade pública nos informativos da televisión pública, obviando nos primeiros informativos a dimisión masiva dos xefes de servizo da Área Sanitaria de Vigo do 10 de decembro, apartando dos titulares do informativo do 11 de xaneiro a denuncia á fiscalía polo falecemento de dous pacientes en Urxencias do CHUS.

No caso do falecemento das dúas persoas, sinalou, “dedicáronlle apenas 14 segundos a falar da denuncia á Fiscalía, mentres a Consellería de Sanidade dispuxo de 1,40 minutos, seguindo na liña dos informativos de permitir un “desfile diario dos cargos da Consellería polos programas da canle pública”.

Investigación ao Fiscal

A responsable socialista criticou ademais o escaso tratamento nos informativos da CRTVG da apertura dunha investigación por parte da Fiscalía Xeral do Estado, contra os fiscais xefe de Galicia e da Fiscalía Provincial de Ourense, para clarificar se entorpeceron unha investigación para “beneficiar a un cargo do PP”. A Fiscalía quere analizar se a actuación do fiscal de Ourense podería incorrer en “abuso de autoridade” e “grave desatención”.

Esta investigación deriva da denuncia da ex concelleira socialista de Ourense Áurea Soto pola actuación da Fiscalía fronte á súa denuncia contra o ex alcalde do PP, Manuel Cabezas, por supostamente non reclamar o 10 por cento das cesións urbanísticas a algúns promotores entre 1998 e 2003, o que suporía que o Concello deixara de percibir 1,7 millóns de euros.

Blanco relacionou o tratamento desta nova co tratamento informativo da información coñecida de que o goberno galego lle pagara o piso ao fiscal xefe de Ourense durante máis de 10 anos. Acusou ao ente público de “agochar estas novas que son un marrón para o PP”, mentres manteñen durante máis dun ano na web da CRTVG unha nova falsa dicindo que o tenente de alcalde de Lalín, do PSdeG, fora detido, cando en realidade se presentara a declarar e estaba a ser investigado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18