Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro presentará no debate propostas de “cambio seguro” para a “Galicia real” fronte a un Rueda “ausente, sen proxecto”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta acusa ao candidato do PP de “non escoitar” o clamor cidadá en defensa da sanidade pública na concentración de onte

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que se presentará ao debate electoral de hoxe con “propostas de cambio seguro para a Galicia real” na que “o emprego e a sanidade non funciona”, fronte á realidade alternativa que “disfraza o PP”. Así o dixo en declaracións aos medios xunto cos integrantes da candidatura da Coruña fronte ao Museo do Pobo Galego e o mosteiro de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

O candidato socialista anunciou “propostas solventes porque temos experiencia de goberno, diversas porque temos equipo, ambiciosas porque temos ganas e con garantías porque somos o único partido con peso no goberno de España”. Dixo que os socialistas proporán solucións fronte a un PP que logo de 15 anos “non pode aportar”, e augurou que ofrecerán “explicacións moi poucas, e convincentes ningunha”.

Criticou que Rueda tardara “dous meses” en aceptar un único debate electoral, rexeitando o que foi  proposto pro RTVE, manténdose “agochado, sen dar a cara” e amosando a súa falla de “capacidade e disposición”. Lembrou que os socialistas foron os primeiros en demandar a celebración dos debates electorais para contrastar as propostas e os modelos alternativos de goberno de cara aos próximos comicios.

A resposta do PP amosa que “temos un presidente ausente e un goberno ausente, sen proxecto para Galicia”, ao contrario que o PSdeG, que está “disposto a poñerse á fronte para facer de Galicia locomotora e non furgón de cola”.  Besteiro presentará no debate propostas de “cambio seguro” para a “Galicia real” fronte a un Rueda “ausente, sen proxecto”

Lamentou que o candidato do PP “tampouco escoita á rúa”, en alusión ao clamor social da manifestación de onte en defensa da sanidade pública nas rúas de Compostela, na que quedou claro, dixo, que Galicia “sabe” que o Partido Socialista si que escoita ás demandas cidadás e que “somos o partido da sanidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09